sábado, 12 de enero de 2008

A TORRE DA BARREIRA: UNHA FORTALEZA DA MITRA COMPOSTELÁ.

I.- CONTEXTO HISTÓRICO DA TERRA DE TABEIRÓS.
A terra de Tabeirós, doada á Igrexa do Santo Xacobe por Dona Urraca tivo o seu centro de poder, por medio de xuices meiriños nomeados polos Arcebispos e o Cabildo da Mitra Compostelá na Fortaleza da Barreira, verdadeiro signo de poder ata que foi derrocada polos Irmandiños e posteriormente, esquilmada ata quedar reducida a uns mínimos vestixios cubertos de maleza.
A Igrexa de Santiago ou a Dignidade Arcebispal, como se coñece ás veces, recibeu sobre todo, por parte dos monarcas e dos nobres unha enorme cantidade de riquezas e terras que lle deron poder e prestixio ós Arcebispos que a rexiron. Pero estes, sempre desconfiados destas doacións, que ás veces facíanse por compromiso momentaneo ou por un agradecemento puntual, tentaban por tódolos medios que esas doacións foran corroboradas polos novos reis que subían ó trono e sobre todo polos sumos pontífices, para que foran estes, co seu prestixio universal, os que lle deran lexitimidade cuase transcendente a estas dádivas. Estas confirmacións facías o papa por medio de bulas pontificias, nas que, despois de facer a súa presentación, daba unha relación dos territorios pertencentes á mitra e seguidamente unhas aseveracións para salvar de calquera codicia humán estas posesións. Quedaban deste xeito estas terras como sacralizadas e impedidas para que sobre elas se fixera un ataque por parte da nobreza, tan común na época medieval.
A primeira doación importante failla a Igrexa de Santiago Dona Urraca e data do 3 de xaneiro do ano 1115: “… eu Urraca, raiña de España pola gracia de Deus á unha co meu fillo Don Alfonso, xa bendecido e consagrado para as altas dignidades do reino; para remedio da miña ánima e da dos meus parentes, fago esta escritura de conformidade, a favor da Igrexa do Santo Xacobe e para ti Don Diego, segundo bispo desa igrexa…de todas estas herdades e igrexas que se detallan: en primeiro lugar, Camanzo co seu mosteiro e coa súa fantástica riqueza e co seu beneficio…E doulle ademais, a seis igrexas que están arredor do Castro de Bite e o río Ulla, co seu saión, co seu débito e co seu foro…para que así, igual que as eu ostentei ata o de agora con todo o meu dereito, dende este día, todas estas posesións leven consigo, baixo o meu xuramento, o dominio do Santo Xacobe e así sonlle entregadas e confirmadas…Estas son as igrexas do Castro de Bite, que a man do escribán omiteu por esquecemento: …San Martiño de Dornelas, Santa María de Río Malo, San Salvador de Río Malo, San Miguel de Castro, Santa Eulalia de Cira e San Pedro de Orazo, coa súa xente e coas súas pertenzas. Eu Urraca, raíña de España pola gracia de Deus, firmo esta carta que mandei facer polo meu propio poder e autoridade. (1)
(1) López Ferreiro, A. Historia de la Santa A.M. Iglesia de Santiago, T. III. Apéndices Nº XXXII. Traducción do latín ó galego: Gulías Lamas, X. Revista “O Quince” 2004. Ed. Concello de Beariz. pax. 21-23.

O día 8 de abril do ano 1154 o papa Anastasio IV confírmalle á Igrexa de Compostela os seus previlexios e as súas posesións: “…Anastasio, bispo, servo dos servos de Deus…ó irmán Pelaxio, bispo desa Igrexa, … polo que lle confirmo as posesións que esa Igrexa ten en …Montes quos Suarios Froilet quendoque a vestra ecclesia tenuit. Taveirolus cum ecclesiis et possessionibus quas ibi habeatis… Eu Anastasio, bispo da Igrexa católica. Custodi me Domine, tu pupilam oculi. Dada en Letrán no ano MCLIIII, sendo Pontífice Anastasio IV. Primeiro ano do seu Pontificado”.(2)
(2) Tumbo B. fol. 266.

O día 3 de setembro do ano 1165 o rei Fernando II dónalle as Terras do Deza á mitra Compostelá como desagravio polas inxurias que esta recibira con motivo da aversión que lle tomaran ó arcebispo Don Martín. Neste documento sinálanse os lindes das terras de Deza “…imprimis quomodo dividit ipsa Decia cum castello Cirae… et inde quomodo dividit cum Taveirolos e inde quomodo dividit cum Montibus…”(3)
(3) Tubo A. fol. 48; Tumbo B. fol. 70. López Ferreiro. Hª de la Santa A. M. Iglesia de Santiago. Tomo IV. Apéndices. paxs 89-91.

O día 12 de abril de 1173 dispúñase a partir para Roma o bispo de Salamanca e Arcebispo electo de Santiago D. Pedro Suárez de Deza que fixo na igrexa Compostelá varias reformas entre as que cabe suliñar a distribución da diócese en cinco distritos, adxudicándolle ó Deán o goberno e a administración dun deles e os catro restantes a catro Arcediáns. O título que asignou a cada un dos catro arcediáns foron o de Nendos, o de Trastámara, o do Salnés e o de Cornado. Estes catro subsistiron ata o Concordato de 1851. Ó Arcedián do Salnés correspondíanlle os Arciprestazgos de Montesacro (Ribadumia), de Tabeirós, dos dous Montes (Montes e Cotobade), de Moraña, do Salnés e do Morrazo. (4)
(4) López Ferreiro, A. Hª de la Santa A. M. Iglesia de Santiago. T. IV. Cap. XV. paxs. 311 e seguintes.

Na constitución que se fixo o 17 de maio do ano 1177 pola que o mesmo Arcebispo D. Pedro III fixou o número e as atribucións dos Arcediáns da Igrexa de Santiago fálase dos “…Archipresbiteratibus de Montesacro et de Tabeirolis et de utriusque Montibus”.
(5) López Ferreiro, A. Hª. de la Santa A.M. Iglesia de Santiago. Tomo IV. Apéndices. paxs. 122-124.

Todas estas posesións e previlexios da Igrexa de Compostela son de novo confirmados mediante a Bula de Alexandre III que di así: “ Alexandre, bispo, servo dos servos de Deus, ó venerable irmán Pedro… confirmo as posesións que ten esa Igrexa “…de Montibus utriuque, de Taberiolis et de Cira, de Pilonio…Montes quos Suarios Frile quandoque a vestra ecclesia tenuit cum altera medietate integros; Tabeirolos cum ecclessies et posessionibus quas ibi habeatis… Eu Alexandre, bispo da Ig. Católica, confirmo: Vias tuas, Domine, demostra mihi. Dado en Letrán a 13 días das Kalendas de abril do ano da encarnación do Señor de MCLXXVIII, do ano XX do pontificado do papa Alexandre III”. (6)
(6) Tumbo B. fol. 234. López Ferreiro, A. Hª. de la Santa A. M. Iglesia de Santiago, T. IV. Apéndices pax. 134.

En pleno século XII xa estaban perfectamente definidas pois asi atopamos unha referencia o día 8 de maio de 1187, cando Pedro Muñíz Tacón e a súa dona María Pelaez donáronlle á Igrexa de Santiago “unha erdade en Moimenta, nas terras de Tabeirós…” (7)
(7) Tumbo C. fol 180. / OC. Tomo V. pax. 23.

No ano 1188, é o rei Alfonso IX de León quen lle confirma á Igrexa de Santiago as súas posesións: “…Eu o rei Alfonso, igualmente que o fixera o noso pai, o victoriosísimo señor, o rei Fernando…confirmamos e corroboramos a perpetuidade e para sempre as vosas valiosas posesións entre as que enumeramos as seguintes: Deza, Salnés, Citofeita, O Burgo, que se coñece como Pontevedra coa igrexa e terras; a que se coñece como val do Morrazo; a terra que se chama Montes na que está o castelo de Cotobade e a metade daqueles Montes que foron de Suárez Frilaz, aínda que a outra metade xa a poseía a vosa igrexa; as terras de Superato co mostesteiro de Mezonzo; toda a cidade de Compostela; o Burgo do Faro…as terras que ten en Castela o santo Xacobe; a metade de Souto e as que están onda o Burgo da ribeira do Avia; a metade de Rebordáns e Amarantes…” Esta carta foi redactada en Zamora nas IV nonas de maio da era MCCXXVI, reinando D. Alfonso, rei de León, Galicia, Asturias e Extremadura. (8)
(8) Tumbo A. fol. 58. Lópeza Ferreiro, A. Hª de la Santa A. M. Iglesia de Santiago. Tomo V. Apéndices, paxs. 3-7.

Tabeirós, co seu centro capitular na Barreira, foi gobernado por medio de Xuices meiriños que emanaban o seu poder directamente do Arcebispo e do cabildo compostelá. Había tamén os xuices seglares que aparecen nos tempos de Alfonso X, o Sabio e a forma de elección foi acordada no artigo II do Diploma expedido por este rei, en Sevilla o 21 de febreiro de 1261. Nun principio o nomeamento destes xuices seglares, dependian tamén directamente do prelado. Máis adiante os burgueses aspiraron a participar neste nomeamento e estas dúas tendencias puxoasen armonía o rei Alfonso X, co citado Diploma. A lei mandaba que o día primeiro de cada ano o Concello presentara unha proposta de doce homes honrados para que entre eles o Arcebispo elexira dous “dos que pensara foran mellores para o cargo”. (9)
(9) López Ferreiro, A. Hª de la Santa A. M. Iglesia de Santiago. Tomo IV. paxs. 214-215.
Pero a elección dos meiriños, que eran os que estaban ó forontes das fortalezas da mitra e eran os reponsables de defendelas de calquera ataque, ó tempo que impartían xustiza, segueu dependedo directa e exclusivamente do Arcebispo ou do cabildo, no caso de que a sede estivera sen mitrado, como sucedeu na vacante que segueu á translación de don Alonso de Fonseca á diócese toledá. Neste caso, o Cabildo, o 9 de maio de 1524 nomeou vicarios capitulares ó Chantre D. Xoán de Melgarejo e ó coengo, D. Xaquín Auñón. Dous días despois, o Cabildo facultou ó bispo de Trípoli, D. Pedro de Soto, para exercer pontificais en toda a Diócese de Santiago. Por eses días procedeu o Cabildo a nomear Vicarios e Alcaides (Xuices Meiriños) das fortalezas pertencentes á mitra e a recibir o xuramento dos confirmados en tales cargos. Así, o 9 de maio, Xoán de Cangas, alguacil que fora do arcebipo D. Alonso, presentou a vara no Cabildo e xurou desempeñar ben e lealmente o seu oficio, asignándoselle un salario de 1500 marabedís mensuais. O mesmo Cabildo nomeou Vicarios na Audiencia Metropolitana de Salamanca ós licenciados Figueroa e Mohedano; Vicario da Coruña e da súa xurisdición ó coengo da Colexiata D. Xoán López de Prabio e Alcide maior a D. Francisco de Rivas. “…nos días seguintes recibeuse o xuramento de Arias Pardo, (pai do futuro arcebispo de Santiago, D. Xoán Tavera), alcaide da Barreira, xurisdición de Tabeirós; de Alvaro Xuarez, alcaide de Montes; de Gregorio de Valladares, alcaide de Lobeira; de Fernán Díaz de Ribadeneira, alcaide de Mesía; de Rodrigo Fernández de Noguerol, alcaide de Rodeiro… de Gómez García de Campo, alcaide da fortaleza de Rivadulla…” (10)
(10) López Ferreiro, A. La Iglesia Compostelana en el siglo XVI.Cap. III. pax 83 e segts. Ver “Revista Cultural O Quince 2004”, Ed. Concello de Beariz, pax. 25.

A traveso da Idade Media, Tabeirós non só aparece nos documentos relacionados coa Igrexa de Santiago, á que pertencía por doación real e da que tiña dependencia executiva, lexislativa e xurídica, senón tamén en documentos moi alleos a estes porque varios dos fillos destacaron no mundo das letras, tan pobres e escasas por esas datas. Asi, se nos remontamos ós tempos de D. Rodrigo Gómez de Traba, que era o principal señor de Galicia, nos tempos do rei Alfonso XI, este nobre, tiña na súa casa e servidume dun príncipe. D. Rodrigo

XESÚS ANTONIO GULÍAS LAMAS, Santa María de Beariz de Montes, 2005.

LÉXICO DAS FORTALEZAS MEDIEVAIS

ADARVE: Camiño que hai detrás do parapeto, no alto da fortificación. Coñecido tamén como “camiño da ronda”. É a parte superior das murallas, por onde pasean os vixiantes.
AMEA: Cada un dos prismas, polo regular rectangulares ou pentagonais que coroan os muros dunha fortificación.
APARELLO: Xeito de colocar os sillares ou a mampostería.
APROCHES: Traballo que realizaban os atacantes para invadir unha fortaleza. Son as trincheiras.
ASPILLEIRA: O equivalente a unha seteira: fina abertura no muro, normalmente con verteluces ó interior.
BACÍA: Baixela ou peza cóncava.
BALESTRA: Arco de madeira que serva para lanzar frechas.
BALUARTE: Obra dunha fortificación pentagonal que sobresae da muralla. Sitúase normalmente nos ángulos saintes. Componse de dúas coroas formando ángulos ó exterior e unha entrada polo interior.
BARA DE CASA: Úsase como referencia á torre da homenaxe, ou torre principal.
BARBACANA: Recinto fortificado exterior, avanzado e aillado. Estaba pensado para defender portas ou cabezas de ponte. Ven sendo unha segunda muralla, despois da principal. Tamén defende ó foso, no caso de habelo.
BRAZA: Medida de lonxitude, equivalente a 1. 69. ms.
CALICANTO: Obra de mampostería.
CAPACETE: Peza dunha armadura que servía para defender a cabeza.
CASTELO: Lugar forte, cercado de murallas, baluartes, fosos e outras fortificacións.
CIDADELA: Recinto fortificado permanente no interior dunha fortaleza.
CONTO: Cantidade equivalente a un millón.
CONTRAESCARPA: Plano inclinado que forma o foso (onde o hai), na parte oposta á que se asenta a muralla.
COROA: (Guirnalda): Obra exterior da fortificación, composta por un baluarte e dous medios baluartes unidos, unidos polas súas correspondentes cortinas. Componse de dous hornabeques xunguidos. Esta figura pode complicarse cando se une e relaciona con outras.
CORTINA: Lenzo ou sector da muralla entre torres, baluartes ou esquinas. É a parte recta do recinto amurallado.
CUBO: Torreón circular do recinto amurallado.
DOVELA: Pedra labrada ó xeito de cuña que serva para facer arcos ou bóvedas.
ESTACADA: Defensa exterior formad por paus.
EXPLANADA: Espacio descuberto e con pendente suave que hai diante e no exterior das fortalezas. Tamén se chama glacis.
FLANCO: Cada unha das caras dun baluarte.
FORTALEZA: Recinto fortificado.
GÁRGOLA: Cano de desaugue, colocado nas esquinas dunha edificación.
GARITA, TORRIÑA, GARITÓN: Torre redonda ou pentagonal colocada nos ángulos, vértices ou puntos saintes dunha fortificación.
GRADA: Peldaño.
GUINDASTRE: Dous paos elevados e unidos en ángulo, sostidos por un par de tirantes ou ventos, que serven para elevar as pedras nunha contrucción.
GUIRNALDA: Coroa dunha torre. É a obra exterior da fortificación. (consultar “coroa”).
GLACIS: Espacio que hai descuberto e con lixeira pendente.
GUIRNALADA: Obra exterior da fortificación, composta por un baluarte e dous medios baluartes unidos polas súas correspondentes cortinas. Úsase ás veces en vez de coroa.
HORNABEQUE: Obra exterior dunha fortificación composta de dous baluartes unidos por unha cortina. A capacidade defensiva é superior á da tenace e inferior á da coroa.
LENZO: Fachada dunha edificación que se extende dun lado a outro.
LIÑA MAXISTRAL: Parte superior da escarpa dun muro.
MAINEL: Elemento longo e delgado que divide un oco en dúas partes, verticalmente.
MAMPOSTO: Obra de mampostería: pedras sen labrar.
MATACÁN: Saedizo ou obra voadiza na parte alta dun muro, dunha torre ou dunha edificación. Tamén se coñece como “ladroeira”.
MECHICAL: Burato cadrado que se fai nos muros para meter nel ou apear vigas e pontóns.
MODILLÓN: Pedra sainte que pode estar ou non ornamentada, onde apea unha cornixa, lintel ou parapeto.
PARAMENTO: Calquera das dúas caras dun muro.
PÉ: Medida equivalente a 28 cms. (Esta medida non era igual en todas partes).
PEDRA DE GRAN: Pedra de granito.
PEITORIL: É un antepeito ou petril que se coloca nos lugares elevados para evitar caídas.
PETRIL: Muro de pedra que se coloca nas pontes ou arrimado ás edificacións, para evitar caídas, no primeiro caso e defendelas dos roces, no segundo.
PICOTA: Rolo ou columna de pedra onde se expuñan as cabezas dos reos ou dos axustizados.
PORTELO: Porta estreita por onde só pode pasar unha persoa.
POSTIGO: Porta falsa.
PONTE LEVADIZO: Ponte que se ergue á vontade dos defensores da fortaleza.
PULGADA: Medida equivalente a 2.33. cms. (Esta medida non era igual en todas partes)
RASTRELO: “Grade de ferro” que se coloca na porta dunha fortaleza.
REDUCTO: Obra da fortificación pechada por tódolos lados e sen flanqueos.
SALTEIRA: (adx.) Cando se refire a unha construcción, indícase que está realizada dun xeito tosco.
SOBRADO: Piso alto.
TORREÓN: Torre grande para defender unha fortaleza.
VARA: Medida equivalente a 9.33 cms. (Esta medida non era igual en todas partes)
VARA DE CASA: Ver “Bara de casa”.

FONTES BIBLIOGRÁFICAS

ÁLVAREZ LIMESES, G. “Geografía del Reino de Galicia”.
ARMESTO, VICTORIA. “Galicia Feudal”.
ARQUIVO PARROQUIAL DE PRESQUEIRAS: “Cofradía de Nosa Señora Aparecida”
ARTIAGA REGO, A. “A desamortización na Provincia de Pontevedra” 1991.
BOUZAS BREY, F. Revista “NOS”, ano 1932. Cartas arqueológicas de la privincia de Pontevedra.
CASTILLO, ANGEL del: “Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia”. Santiago, 1972.
“CATASTRO DE ENSENADA”. Caixóns pertencentes á Xurisdición de Montes. 1752. Arquivo Hitórico de Pontevedra.
CATASTRO DO CONCELLO DE FORCAREI. Relación de propietarios das parroquias de San Miguel e Santa Mariña de Presqueiras.
COUSELO BOUZAS, J. “La guerra Hermandiña, siglo XV”. 1926. Santiago.
CRESPO POZO, J. “Heráldica de Galicia”.
FERRO COUSELO, X. “A vida e fala dos devanceiros”.
FLÓREZ, HENRIQUE: “España Sagrada”. Madrid, 1767.
“GALICIA HITÓRICA. COLECCIÓN DIPLOMÁTICA”. Tomo I.
“GALICIA. HISTORIA” Enciclopedia dirixida por Francisco Rodriguez Iglesias Hércules Edicións. Varios tomos.
“GALICIA HISTÓRICA”. Doc. XI e XII. Hitoria da Santa Iglesia de Santiago. Preparada por López Ferreiro: “Pleito entre D. Enrique de Castro y el Arzobispo D. Juan de Sanclemente”.
GÁNDARA, FELIPE de la: “Historia de Galicia. Armas y triunfos de los hijos de Galicia”. 1662. Galicia Edicións. Vigo.
GARCÍA ORO, J.: “La Nobleza Gallega en la Baja Edad Media”. Santiago, 1981.
GARRIDO RODRIGUEZ, J.: “Fortalezas de la antigua provincia de Tui”. II Edc. Vigo 2001.
GULÍAS LAMAS, X.: Traducción do latín ó galego de varios documentos pertencentes á “Historia da Santa Iglesia de Santiago”, preparada por López Ferreiro. “O Quince 2004”, Revista cultural do concello de Beariz.
“HISTORIA COMPOSTELANA” 1950. Pubricada no ano 1765 polo P. Enrique Flórez en latín. Este texto foi traducido ó castelán por Frei Manuel Suárez. Santiago de Compostela. 1950.
JERÓNIMO DEL HOYO: “Memorias del Arzobispado de Santiago”. Edc. preparada por D. Anguel Rodríguez G. e D.Benito Varela Jácome. Santiago 1950.
“LIBRO DE APEOS DO ARCEBISPO SANCLEMENTE”. Ano 1601. Folios 5 e seguintes. Manuscrito, no Arquivo Episcopal de Santiago.
“LIBRO 1º DE CASADOS” . Arquivo parroquial de Presqueiras.
LEIRÓS FERNÁNDEZ, E.: “Don Enrique IV y el Arzobispo de Santiago”. Boletín da Real Academia Gallega. Nº. 309-320. Tomo XXVII.
LÓPEZ FERREIRO, A.: “Galicia en el último tercio del siglo XV”. 1883.
LÓPEZ FERREIRO, A.: “Hitoria de la Santa A.M. Iglesia de Santiago de Compostela”. De. Fascsimilar. Salvora. Santiago de Compostela 1983. Tomos III e seguintes.
MOLINA: “Descripción del Reino de Galicia y de las Casas Nobles dél”. Año 1546.
MURGUÍA, MANUEL: “Historia de Galicia” Edc. patrocinada pola Real Academia Galega. 1979.
OTERO PEDRAYO, R. Historia de Galicia. Buenos Aires. Edc. Galicia. 1973.
PERRES MARTÍN, J.: “La Desamortización Española en el siglo XIX”. Madrid, 1973.
PROCESO DE SUBASTA DE BIENES DE LA IGLESIA Y EL CLERO. Legaxo 8167. Exp. 29. Nºs. 29 e 30. Arquivo Histórico de Pontevedra.
PROTOCOLOS DE BENITO DE OGANDO. Caixón 1692. Ano 1602. Arquivo Histórico de Pontevedra.
PROTOCOLOS DE JUAN SIEYRO: Caixón 1681. Arquivo Hitórico de Pontevedra.
RODRIGUEZ FRAIZ, A.: “Canteiros e Artistas da Terra de Montes e Ribeiras do Lérez”. Edc. Diputación de Pontevedra e concellos de Forcarei e Cerdedo.
RODRÍGUEZ FRAIZ, A.: “Terra de Montes: Territorios que históricamente pertenceron á mesma”. Separata de “Cuadernos de Estudios Gallegos”. VI. XXXV. Nº 100. Anos 1984-1985.
RODRÍGUEZ FRAIZ, A.: “Tierra de Montes. Torre-Fortaleza do Castro y Jueces Merinos”. Separata de “COMPOSTELANUM”. Vol. XVI. Nº. 1-4.
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, A.: “Las Fortalezas de Mitra Compostelana y los Irmandiños”. I e II tomo. Santiago, 1982. Edicción: Fundación Pedro Barrié de la Maza.
“TUMBO GRANDE DO MOSTEIRO DE ACIBEIRO”. Transcripción realizada por Rodríguez Fraiz. Copia: Arquivo Hitórico de Pontevedra. Orixinal: Mosteiro de Oseira.
VASCO DE APONTE: “Recuento de las Casas Antiguas del Reino de Galicia”. (Comentario de varios Autores) Santiago de Compostela. 1986.
VICETTO, BENITO: “Historia de Galicia” T. II. Alfonso VI: paxs. 175 e seg.; Diego Xelmírez: paxs. 188 e seg.; Los Fueros de los Merinos: pax. 246.; Pedro Suárez de Deza, bispo de Compostela no ano 1182, reinando Fernado II; Frei Berenger de Landoira e Alfonso Suárez de Deza, paxs. 291 e segs.; Churruchao: paxs. 308-314.

OS ACTUAIS PROPIETARIOS DO CASTRO DE MONTES

Os terreos do Castro de Montes foron repatartidos entre os veciños, despois do proceso de desamortización, en pequenos anacos que se denominan leiras. Chama a atención que ningún dos propientarios conseve un documento de propiedade que nos poida dar luz para saber como se levou a cabo ese reparto e con que criterio se venderon, -ou cederon- por parte do estado, para poder saber se os veciños “propietarios”, pagaron ou non, o precio destes terreos, ou foi simplemente un reparto dunhas terras que quedaron como públicas, ás que os veciños accederon a elas, por medio dun sorteo, aínda que normalmente –como sucedeu con outras terras- este reparto, ía acompañado dun documento que os mesmos veciños facían, e que se levantaba para dar fe pública, de que ese reparto fora realizado e a quen correspondía cada “parcela”, “leira”, “posta” ou “quiñón”, nomes polos que son coñecidas estas propiedades, segundo os diversos lugares.

Segundo o Catastro do concello de Forcarei, ó que pertencen os terreos do Castro de Montes, e que me facilitou o seu director, os actuais propietarios e os número correspondente das fincas, son os seguintes:

Nº. 388.- María Raposeiras Rubín.
Nº. 389.- Andrés Garrido Álvarez.
Nº. 390.- Vicente Jorge Crego.
Nº. 395.- Carmen Jorge Correa.
Nº. 396.- Inés Blanco Diz.
Nº. 397.- Elvira Cortizo Adán.
Nº. 400.- Mª. Ana González Tojeiro.
Nº. 401.- Hermosinda Correa Adán.
Nº. 402.- Mª Ana González Tojeiro.
Nº. 456.- Manuel Álvarez Arén.
Nº. 457.- María Camiña Blanco.
Nº. 467.- Celia Martínez Santamaría.
Nº. 468.- Descoñecido.
Nº. 491.- Manuel Rey Álvarez.
Nº. 492.- Fco. Aurea, Olimpio Álvarez Arén.
Nº. 493.- Descoñecido.
Nº. 495.- Descoñecido.
Nº. 496.- Descoñecido.
Nº. 497.- Descoñecido.
Nº. 498.- Descoñecido.
Nº. 499.- Plácido Santos Santos.
Nº. 500.- Inés Blanco Diz.
Nº. 502.- Descoñecido.
Nº. 503.- Descoñecido.
Nº. 504.- Descoñecido.
Nº. 505.- Descoñecido.
Nº. 506.- Descoñecido.
Nº. 518.- Luis BarreiroCamiña.
Nº. 519.- ARCEBISPADO DE SANTIAGO.
Nº. 520.- Vicente Arén Correa.
Nº. 521.- Manuel Jorge Álvarez.
Nº. 542.- Constantina Iglesias Álvarez.
Nº. 548.- Manuel Rey Álvarez.
Nº. 550.- José e Amadeo Vales Adán.
Nº. 551.- Manuel Álvarez Arén.
Nº. 553.- Inés Blanco Díz.
Nº. 554.- Plácida Santos Santos.
Nº. 555.- Urbano Álvarez Jorge.
Nº. 556.- Olimpio Álvarez Arén.
Nº. 557.- Vicente Correa Adán.
Nº. 558.- Vicente Dobarco Rubín.
Nº. 559.- Severino Raposeiras Rubín.
Nº. 560.- Ángala Estévez Varela.
Nº. 561.- Severino Raposeiras Rubín.
Nº. 563.- Frc., Aurea e Olimpio Álvarez Arén.
Nº. 564.- Urbano Álvarez Jorge.
Nº. 565.- Luís Adán Jorge.
Nº. 566.- Manuel Cortizo Cortizo.
Nº. 567.- Manuel Cortizo Cortizo.
Nº. 568.- Prestila Barros Guevara.
Nº. 569.- Laurentina Arén Adán.
Nº. 570.- Adrés Couceiro Sanmartín.
Nº. 571.- Cristina Correa Camiña.
Nº. 572.- Peregrina Jorge Castro e Emérita Vales Cortizo.
Nº. 573.- Urbano Álvarez Jorge.
Nº. 574.- Vicente Correa Blanco.
Nº. 575.- Manuel Jorga Álvarez[1].

Comprende pois o que foi o Castro de Montes, un total de 58 “fincas” que pertencen na actualidade a un total de medio cento de propietarios, varios xa falecidos, cos seus correspondentes herdeiros e varios decoñecidos.

Os bens do clero da parroquia de San Miguel de Presqueiras, saíron a subasta pública en virtude das leis do 1º de maio de 1855 e do 11 de xullo de 1856 e por disposición do gobernador civil da provincia de Pontevedra, os días 7 e 9 de maio de 1866[2].

No “Boleín Oficial de Ventas de Bienes Nacionales de la Provincia de Pontevedra”[3] o día 7 de maio de 1866, no número 29, anúnciase o “Remate para el día 5 del próximo junio, de doce a una de la tarde en las Casas Consistoriales de esta capital, ante el Sr. Juez de primera instancia D. José Garrido, y escribano D. Martín Rial y Fernández”[4] a subasta de “bienes del clero procedentes de la fábrica de San Miguel de Presqueiras”.

Aparecen para esta subasta os terreos que levan no inventario os números seguintes: Nº 2295: Un terreo a labradío de segunda calidade, chamado Braña, de 1 ferrado y 8 ½ cuncas de cabida. (10 áreas y 74 centiáreas)…, tasado en 101 escudos, 500 milésimas polo que sae a subasta. Nº 2296: Outro idem, de terceira calidade, chamado Beralde… de 2 ferrados e 4 cuncas y 1/6 doutra…tasado en venda en 56 escudos. Nº 2297: Outro idem, de terceira calidade secano chamado Codeseira de 2 ferrados y 6 cuncas y ¼ de cabida (15 áreas y 85 centiáreas); Nº 2298: Outro a labradío e xesteira, chamado Besada…de 9 ferrados 5 y ¾ de cabida (59 áreas y 64 centiáreas), tasado en 56 escudos polo que sae a subasta. Nº 2299 Outro Idem, toxal de terceira calidade, chamdo Cacharela de 41 ferrados, 1 cuna e 1/3 de outra, tasado en venda en 84 escudos polo que sae a subasta. Nº 2300: Outro a labradío de segunda calidade, chamado Pandas de 2 ferrados, 3 e 1/2 cunca de cabida, tasado en venda en 54 escudos polos que sae a subasta[5].

No mesmo Boletín da Provincia, pero dous días máis tarde, é dicir, o 9 de maio dese mesmo ano, pola mesma disposición e segundo as mesmas leis, “remataranse el día 7 del próximo junio de doce á una de la tarde, ante el Sr. Juez de primera instancia D. José Garrido, y escribano D. Ignacio Rey Vázquez”,[6] os bens do clero pertencentes á fábrica de San Miguel de Presqueiras. As fincas que se subastaron son de “menor cuantía” e están no inventario cos números seguintes: Nº 2301: terreo a labradío, de segundo, chamado Pandas de 4 ferrados e 7 cuncas de cabida, tasado en venda en 104 escudos, polo que sea a subasta; Nº 2302: outro idem, chamado Ludeiro de 1 ferrado e 2/6 de cunca de cabida, tasado en venda en 24 escudos, polo que sae a subasta; Nº 2304: outro idem, toxal, terceira calidade, chamado Baliño de 2 ferrados, 2 cuncas e ¾ de outra. Tasado en venda en 13 escudos e 200 milésimas; Nº 2305: un terreo a labradío, calidade regadío, chamado Brañeiro, de 6 cuncas de cabida, tasado en venda en 30 escudos; Nº 2306: outro idem, de segunda, regadío de 2 e ¾ de cunca de cabida, tasado en venda en 14 escudos[7].

Engádese que a renta pola que estes terreos foron capitalizados, foi a graduada polos peritos. Seguen as advertencias que se lle fan os compradores destes terreos e ó final hai unha nota explicativa que xustifica en dous apartados este procedemento, e di o seguinte:
1ª “Considéranse como bens de corporacións civís, os Propios, Beneficencia e instrucción pública estes productos non igresan nas Caixas do Estado e os demais bens que baixo diferentes denominacións corresponden á provincia e ós pobos. 2ª Son bens do Estado, os que levan este nome, os de Instrucción pública superior, do cal os productos ingresan nas caixas do Estado, os do secuestro do Infante D. Carlos, os das Ordes Militares de S. Xoán de Xerusalén, os das Cofradías, Obras pías, Santuarios, e tódolos pertencentes e que atopen disfrutando os indivíduos ou Corporacións eclesiásticas, calquera que sexa o seu nome, orixe ou cláusula da súa fundación, a excepción das capelanías colativas de sangue. Pontevedra, 6 de maio de 1866. Xosé Villa Varela”.[8]

Os nomes dos propietarios que accederon a estes terreos están nos protocolos de ámbolos dous escribáns que asistiron a ditas subastas e van contidos no mesmo legaxo que se atopa no Arquivo Histórico de Pontevedra. O que non aparece nesta relación nin noutras consultadas, é algún dos terreos que formaron parte do Castro de Montes, o que me fai supoñer, que non se subastaron nesas datas, senon que foron repartidos máis tarde, entre tódolos veciños, como moitas outras terras adicadas a monte, que co tempo consideráronse púbricas, no primeiro cuarto do século XX.
[1] Catastro do Concello de Forcarei. Parroquias de San Miguel e Santa Mariña de Presqueiras.
[2] Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra. Lunes 7 de maio. Año 1866. Nº 29. Legaxo 8167. Exp.29. Arquivo Histórico de Pontevedra.
[3] O. C. pax. 1
[4] O.C. pax. 1.
[5] Ver: Boletín Ofical da Provincia de Po. paxs. 1-2. Nº 29. Ano 1866. Arquivo Histórico de Po. Legaxo 8167. Exp. Nº 29.
[6] Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Ano 1866. Mércores 9 de maio. Nº 30. Pax. 1. Legaxo 8167. Ex. 29. Arquivo Histórico de Pontevedra.
[7] O. C. Boletín Nº 30. Ano 1866. paxs. 1-2.
[8] O.C. pax. 3. Legaxo 8647. Exp. Nº 29. Arquivo Histórico de Pontevedra.

IX. CARTA ÓS VECIÑOS DAS PARROQUIAS DE PRESQUEIRAS

Meus queridos amigos Churruchaos das parroquias de San Miguel e Santa Mariña de Presqueiras: Diríxome a vostedes como fillo da Terra de Montes e amante da súa historia porque quero lembrarvos que vos sodes, os depositarios dunha parte moi importante da nosa historia documentada.
Aquí, na parroquia de San Miguel, e concretamente, no Castro de Montes, forxouse durante a Idade Media a historia da nosa Xurisdición.

Aquí estivo a capital da Xurisdición; aquí estiveron o poder xudicial e o poder executivo que emanaban do poder lexislativo que xurdía á súa vez do cabildo e da mitra compostelá, á que esta terra, pertencía por dereito como súbditos e vasalos desa mitra.

Foi este Cestelo-Fortaleza elemento integrador da Terra de Montes.

Á vista dos docmumentos que acabamos de expoñer neste pequeno estudio, penso que debemos buscar aquí, nestas ruínas do Castro de Montes, as nosas raíces como pobo, como concepto unificador e catalizador da nosa personalidade, pero debemos tamén buscar aquí a nosa historia: as vivencias, as aventuras e desventuras cotiáns, que fixeron que o devir dos acontecementos fosen como foron.

As circunstancias de ubicación xeográfica, erográfica e de inacesibilidade de gran parte do terreo do Castro, fixeron que dende un principio fora elexido como lugar emblemático, para defender dos desexos doutros poderosos, a Terra de Montes, que como sabemos, pertenceu por dereito e doación real, á mitra do Santo Xacobe.

As conxeturas históricas e o devir dos acontecementos foron moi duros co Castro de Montes. Tan duros foron que case conseguiron borralo da face da terra, aínda que el, como podemos comprobar, resistiuse a desaparecer. Por eso os que lle queremos a esta terra, á súa historia e ó seu Castro, sabemos descubrir todo un mundo de pedras e de muros que aínda quedan –as máis das veces cubertos de maleza- neste lugar que todos levamos no corazón e na imaxinación coma un mundo fascinante de misterios e de esperanzas perdidas, pero a punto de recuperar, nun horizonte que emerxe esplendoroso diante nós.

Por eso quero invitarvos a unha reflexión profunda sobre o valor histórico e sentimental deste lugar. Esta reflexión quixera canalizala cara a recuperación desa historia perdida para poder legarlle ós nosos fillos e netos e a tódalas xeracións que veñan detrás -e tamén a nos mesmos- partindo da vosa enorme xenerosidade, un lugar onde se poida recuperar a historia, a identidade como pobo e o lugar común de toda a Terra de Montes.

Non son eu, quen debo dicir, porque tampouco o sei, cómo se debe facer esta cesión dos terreos. ¡Sodes vós, os actuais donos deles, os que tedes que decidir, cómo queredes desprendervos desas propiedades!, para que todo o mundo poida acceder a este lugar, como “terra común” e propia de quen a queira visitar e sentila coma súa.

Non cabe dúvida que debe ser pois, un acto xeneroso pola vosa parte. Pois aínda que levedes outro terreo a cambio, será sempre, o desprendemento dunha parte moi importante de vos mesmos. Pero debemos dicir tamén que non ides perder nada, xa que ¡gañaremos todos!, unha estancia emblemática e uns terreos amurados, chéos de misterio e de meigallo, que foron o lugar e a residencia dos xuices meiriños de Montes: aqueles homes que impartiron xustiza, nesta terra, coma feudais da época.

Quero informarvos que hai varios programas, entre eles INTERREG, financiados con fondos europeos, para recuperar monumentos históricos e e fortalezas coma esta nosa.

Os pasos que hai que seguir para poder acceder a eses fondos son:

1º- Que a propiedade dos terreos onde está o monumento a recuperar, sexa de ÁMBITO PÚBLICO.

2º- Un estudio técnico, realizado por un arquitecto, para presentalo en Patrimonio.

3º- Ó tempo, haberá que presentar tamén no mesmo organismo, os documentos hitóricos que avalen a antiguidade do monumento a recuperar.

4º- Estudio medioambiental: ríos, presas, árbores, variedade de arbustos etc. que haxa que conservar.

5º- Estudio e valoración do que se pretende realizar:
- custe dos módulos de cantería, xardinería etc.
- limpeza do entorno
- alzado de muros
- conservación e mantemento, tanto do monumento coma do entorno.

Para chegar a todo esto, poidera ser unha boa idea, a permuta destes terreos por outros que poidra facilitar o concello, noutro lugar. Deste xeito, os propietarios, non perderiades terra ningunha. O único, seria o cambio de ubicación, algo semellante ó que sucedeu coa parcelaria.

Esperando da vosa parte unha resposta xenerosa, recibide o meu máis sincero agradecemento e un cordial saudo.

VIII. DESAMORTIZACIÓN E FUXIDA DAS PEDRAS DO CASTELO DE MONTES.

Co translado definitivo dos xuices meiriños a Soutelo de Montes, o deterioro do Castelo do Castro de Montes era un feito irreversible. O tempo e un desencadeamento de circunstancias adversas, encargáronse de poñer os medios para que este desaparecera case da face da terra.

A primeira obra que se fixo coas pedras da construcción medieval, posiblemente fose a capela de Nosa Señora do Castro, da que nos da razón, como vimos, o Cardeal Del Hoyo. É de supoñer que despois de dous séculos e medio de abandono, (inicio do século XVII ata ben mediado o século XIX) a esquilma deste monumento fora xeneralizada, como sucedeu noutras fortalezas pertencentes á mitra compostelá.

Coa subida ó trono de Isabel II, empezaron unha serie case ininterrumpida de guerras civís, coñecidas como as guerras carlistas, que arruinaron a facenda pública de tal xeito, que o estado non era capaz de pagar siquiera os intereses da déveda externa. Para solventar este problema que xa viña padecendo o país dende 1806, o papa Pio VII, xa nese ano autorizou a venda dunha séptima parte dos predios das igrexas, mosteiros e conventos das catro ordes militares.

En España, a concentración de “terras mortas” nas mans duns poucos e a falla de campesiños propietarios que fixeran producir esas terras máis cós actuais propietarios: nobres e eclesiásticos, fixo deste problema unha cuestión social, que o estado intentou resolver por medio de varios decretos. Pero o proceso da desamortización eclesiástica, foi longo e complicado.

Os primeiros decretos xurden xa nos anos 1809 e 1813, pero tiveron escasa repercusión. No ano 1820 inténtase poñer en vigor o promulgado en 1813, que xurdiu das Cortes de Cádiz. Así pois, nese ano de 1820, suprímense tódolos mosteiros das ordes monacais, coengos de San Agustín, premostratenses, conventos e colexios das ordes militares; os de San Xoán de Xerusalén; os de San Xoán de Deus e tódolos hospitais.

Aínda que se venderon algunhas das mellores fincas, os recursos que sacou o estado destas vendas, foron nefastos, porque a caida do réxime constitucional, fixo inoperante o decreto de 1820, e os bens vendidos, tiveron que ser devoltos ós seus antigos propietarios co conseguinte prexuizo para ós compradores.

A rexencia de Isabel II apoiou ós liberais en contra do absolutismo defendido polos carlistas, poñendo de actualidade novamente a desamortización. Así, o 19 de febreiro de 1836, Mendizabal logra que as Cortes aproben a lei de desamortización eclesiástica, que se fixo coa finalidade de “amortizar la deuda pública”, agrandada nese intre, polas guerras carlistas. Con esta lei os bens do clero secular, quedaban postos por primeira vez á venda. Pero hai que suliñar, que esta lei, obra persoal do ministro Medizabal, non tivo aplicación ata 1840.

A normativa da lei proposta por Mendizabal levaba en sí mesma os defectos da demagoxia que a concebiran, os que impedían que esta fora eficaz, tanto para ó estado como para ós mesmos campesiños, pois segundo esta, o pago do remate, podíase facer 1º con títulos da deveda consolidada, ou con diñeiro en efectivo, comprometéndose o comprador a facer os pagos nas condicións que este preveiamente elexira, polo que o estado a penas podía sacar algún rendemento. 2º Calquera persoa podía pedir unha tasación oficial e tamén a inmediata subasta, dunha finca non tasada; se na subasta non había unha puxa maior, automáticamente, adxudicábaselle ó peticionario. Esto fixo que os influintes e poderosos se quedaran coa maior parte das grandes fincas, ó tasalas á baixa e coa ausencia de poxas. 3º Prevendo esto, Mendizabal propuña, que as fincas foran divididas en pequenas parcelas, (“postas”, no caso da Barreira) polo que se lle poideran vender ós pequenos agricultores, cousa que sucedeu en Galicia e concretamente coas posesións da mitra compostelá, onde, concretamente os terreos do Castro de Montes, foron repartidos entre tódolos veciños.

No Concordato, firmado entre o estado español e a Santa Sede, chegouse ó acordo de que os bens adquiridos por esta, antes de 1860 eran enaxenables, é dicir, estaban suxeitos á desamortización, pero reconocíalle á Igrexa, a facultade e a potestade de adquirir e disfrutar dos bens a partir desa data. Neste Concordato estableceuse, que polas fincas do clero, a Igrexa recibiría, ademais dos títulos intransferibles da déveda, -equivalentes ó valor da déveda- a chamada “Dotación de Culto y Clero”, pero nese mesmo ano de 1860, pouco antes da caida de Isabel II, o estado suspendeu o pago dos intereses, que restableceu no ano 1951, coa firma do Novo Concordato.

Vistas así as cousas, e as leis que se promulgaron, non foi propósito de Mendizabal, nin de ningunha desamortización, tanto anterior como posterior, o que o campesidado accedera á posesión da terra, senon conseguir que a burguesía, fora un elemento o máis adicto posible ó réxime[1].

Como vimos nas declaracións que fixeron os testigos, os muros do Castelo do Castro de Montes estaban fabricados en pizarra cos esquinais de granito.

Despois do incendio de finais do século XVI, o deterioro do Castelo de Montes, foi en progresión xeométrica. O mesmo que sucedeu con outras edificacións da época que foron os lugares máis idoneos (anteriormente os castros) para “arrincar” a pedra sen esforzo. Só había que derrubar paredes, cargar os carros e levar os materiais ó lugar da nova edificación. Este derradeiro traballo, aínda o din hoxe os canteiros, era o máis penoso e complicado, dado os camiños da época, pero aforrábase o anterior (o arrincado da pedra).

Nas miñas visitas ós lugares de Morgade, O Outeiro, San Miguel, Alfonsín e tódolos seus arredores, teño visto unha serie de pedras de granito, que pola súa elaboración e remate, parécenme da época románica, aínda que non conteñan a maioría delas ningúnha marca dos canteiros medievais, porque estas, non se gravaban en tódalas pedras.

De todas maneiras, no lugar de Morgade, hai na casa vella do Ribote, tres pedras coas marcas dos canteiros medievais e a clave dun arco, perfectamente tallada e definida, mesturada entre a mampostería do paramento. O que máis chama a atención é que está como de “rechéo”. No lugar do Outeiro, teño catalogado dúas, e unha delas tamén moi interesante; igualemente sucede coa que se atopa no esquinal sureste da capela de Nosa Señora do Castro. É “vox populi”, que varias casas destes lugares, foron fabricadas completamente con pedras do Castro de Montes como pode ser, no Outeiro, a Casa da Crega. Pero como sucede coas pedras da Barreira, tamén están nas fincas. Así no camiño que vai dende o Castro a Morgade, no muro dunha finca hai dúas ameas e un lintel, que segundo me informou o sr. Manuel, un vello canteiro que vive no lugar do Outeiro, “estas pedras atopáronse na parte occidental da que foi a torre da homenaxe do Castelo de Montes e o dono desa finca levounos para ó seu muro, onde están na actualidade”.

N.B.: O señor Manuel mostroume o lugar onde se atoparon as referidas ameas e o lintel, e poiden comprobar posteriormente onde están no día de hoxe. O meu agradecemento para este canteiro, co que percorrín en varias ocasións o recinto do Castro de Montes.

Marcas dos canteiros medievais que se topan nas pedras de varias casas nos lugares de Morgade e O Outeiro:


Posiblemente haxa que facer un estudio pormenorizado das pedras das casas vellas destes lugares, para poder datalas e catalogalas. Estou seguro de que levariamos sorpresas agradabilísimas, tantos os amantes das pedras medievais, coma os actuais donos destas xollas centenarias e cargadas de historia.

Hai un detalle que non quero pasar por alto, porque é moi significativo, tanto para ós veciños desta parroquia, como para min. Como xa se indicou máis arriba, o xentilicio dos parroquianos de Presqueiras, é o de “churruchaos”. Esto ven derivado do paso de varios destes persoaxes polo Castelo do Castro de Montes, desempeñando o cargo de xuices meiriños, pero sobre todo, hai que destacar o de D. Fernán Pérez de Deza-Churruchao, que foi o que asasinou –como vimos- ó arcebispo de Santiago, D. Suero Gómez de Toledo.

É costume moi xeneralizada nesta parroquia, que cando unha cousa, non ten doada explicación, como poden ser as ruinas do castelo, a presa que hai no fondo do Castro que levaba as augas ata a parroquia de Folgoso ou os enormes muros exteriores da fortaleza…, atribúenlle a súa construcción ós Churruchaos (algo semellante, é o que sucede, nos lugares, onde hai castros, que as obras, atribúenselle ós mouros). Pois ben, no Lugar de Alfonsín hai un escudo que campea na parede norte dunha casa, e tanto os veciños como o dono, consideran que era o dos Churruchaos e que o trouxeran do Castelo de Montes, cando se desfixo a torre.

A realidade é ben distinta, xa que o escudo dos Churruchaos, di Benito Vicetto, citando a Molina: “Los Dezas o Xuarez de Deza son los Torrechanos, que de antes ansí se llamaban: los cuales fueron los que mataron al arzobispo de Santiago, que llamaron D. Suero… Tienen su suelo en la ciudad de Santiago; traen una torre por armas (sin duda aludiendo a las muchas que tenían para vigilar o defender sus feudos, de aquí, Torrochanos, o Torrechaos: chao suelo, vulgo Churruchaos)”[2].

Este escudo de armar pois, nada ten que ver cos Churruchaos, senon que pertenceu ó xuíz meiriño de Montes D. Manuel de Ogando Teixeiro Barros Ribera e Ferrón e á súa dona María Antonia de Cortés Varela Taboada e Soto[3].

Naceu este xuíz en Pardesoa. Era fillo do Capitán D. Alonso de Ogando Teixeiro e Barros; era sobriño do que foi rector de Cerdedo e Comisario do Santo Oficio, o Rvdo. D. Francisco de Ogando e Ribera. A súa muller, Dona Antonia de Cortés, era filla do Administrador de Tabacos de Soutelo de Montes, D. Benito de Cortés e Dona María Varela[4].

Foi nomeado xuíz meiriño da Terra de Montes, no ano 1765, polo arcebispo de Compostela, Rvsmo. Sr. D. Bartolomé Rajoy y Losada. Estivo ó fronte desta xurisdición ata o ano 1773[5].

Tiña casa en Pardesoa e Presqueiras, con escudo de armas en ambas residencias. O de Pardesoa, está actualmente no que foi o vello teleclub parroquial. “…y conservado por el entusiasta maestro nacional Don Eugenio López González”[6] e o de Presqueiras, segundo Rodríguez Fraiz, no ano 1971, “campeaba”[7] no muro da que fora a súa residencia nesta parroquia.

Como anécdota, podemos contar que no ano 1778, este xuiz, ocupou en Soutelo, unha casa pertencente ó Mosteiro de Acibeiro, e habilitouna para cárcere, por estar, ó parecer a da xurisdición inservible, feito polo que o Mosteiro lle puxo unha demanda, diante do Arcebispo, para que a deixara libre. (Só consta a denuncia)

O día 17 de febreiro de 1774, Domingo Espiña, natural da parroquia de Figueroa e o 20 de marzo do mesmo ano, Xosé Piñeiro, da paroquia de Castro, puxeron demanda diante de D. Manuel de Ogando Teixero e Barros, “….juez de la Jurisdición de Montes…porque entre ellos litigaban pleitos sobre que el dicho Domingo Espiña repitió algunos jornales que debía satisfacerle por su oficio…el citado Josph Piñeiro… se arreglan en que este ha de pagarle por una vez, por razón de sueldos y jornales ochenta y dos reales de vellón…pagando los dos a partes iguales los salarios vencidos del escribano...”[8].

O escudo está dividido en catro campos. O superior siniestro leva na parte alta dúas estrelas de seis puntas e no centro unha cruz de áncoras coas puntas lixeiramente abertas e por debaixo a cabeza de tres cans decapitados; o superior diestro presenta na parte alta tres estrelas de seis puntas e no centro unha cruz con nudosidades atravesada de dereita a esquerda e de abaixo arriba, por unha espada e á súa esquerda, na parte inferior, unha palma. O campo inferior siniestro presenta a árbora da vida con tres reices e á súa dereita, tres elementos da paixón de Cristo: a lanza, o flaxelo e a espada. Sobre as raíces da árbore, vai a cabeza dun can decapitado. O campo inferior diestro leva cinco barras en diagonal de distinta medida.
[1] Bibliografía: Perres Martín, J. La desamortización española en el siglo XIX. Madrid. 1973. Artiaga Rego, A. A desamortización na provincia de Pontevedra. 1991.
[2] Benito Vicetto. Historia de Galicia, Tom. II, pax. 309.
[3] Rodriguez Fraiz, A. “Secciones de Ciencias Eclesiásticas y Estudios Jacobeos”. Separata de ‘Cuadernos de Estudios Gallegos’. Vol. XXXV. Nº 100. 1984-85. paxs. 388, 389, 390.
[4] Libro I de Casados, fol 195. Arquivo Parroquial de Presqueiras.
[5] Rodriguez Fraiz, A. O.C. pax. 390.
[6] Rodriguez Fraiz, A. O.C. pax. 390.
[7] Rodriguez Fraiz, A. O.C. pax. 390.
[8] Protocolo de José Sieyro. Cax. 1844. fols. 19 e 30. Arquivo Histórico de Pontevedra.

VI. OS DERRADEIROS CEN ANOS DO CASTELO DE MONTES

No periodo que vai (década setenta-oitenta do século XV) dende a “reconquista”, por chamalo dalgún xeito, do Castelo de Montes, por parte do Patriarca coa a axuda das tropas aliadas, que llo arrebata a D. Pedro Álvarez de Soutomaior, Conde de Camiña, para incorporalo de novo á mitra compostelá, ata o ano 1582, que arde completamente, a penas podemos datar con documentación a media ducia de xuices meiriños que saibamos que poideron habitar o Castelo de Montes. Vimos anteriormente que na época do Patriarca foi alcaide do Castelo de Montes, Xoán Presedo[1] e sendo Arcebispo de Santiago, D. Alonso de Fonseca III, fórono, D. Suero Mosquera e D. Xácome López[2], segundo a testemuña do Chantre da Catedral de Santiago, Don Xoán de Melgarejo.

No ano 1524, o día 9 de maio, despois de quedar vacante a sé compostelá, o Cabildo nomeou vicarios capitulares ó chantre D. Juan de Melgarejo e ó coengo D. Xoaquín Auñón, “…y en los días siguientes se recibió el juramento de Arias Pardo, alcaide de la Barreira, de Álvaro Xuarez de Deza, alcaide de Montes…”[3].

Este xuiz era descendente directo dos Churruchaos e donoulle, senon toda, parte das herdades que este tiña na Terra de Montes, ó Mosteiro de Acibeiro. Así atopámonos que no ano 1543 o Mosteiro, faille foro a Andrés Gamallo e a Pedro Gamallo “en una voz y más de tres voces de las heredades de Churrichao, sitas en San Martiño de Figueroa, que mandó al Monasterio, Álvaro Suárez de Deza”[4].

Finalmente, tamén por medio do Tumbo Grande de Acibeiro, podemos datar a D. Francisco del Castillo, que foi nomeado xuiz meiriño de Montes no ano 1574 polo Arcebispo D. Francisco Blanco. Foi xuiz desta xurisdición durante os pontificados de D. Francisco Blanco, D. Juan del Yermo e de D. Alonso Vázquez. No que se refire ó documento do Mosteiro de Acibeiro, do ano 1584, podemos leer o seguinte: “Hai un testimonio que Fr. Miguel de Sada, cura d’este Monasterio tomó contra un juez de residencia del Arzobispo y juntamente le notifica dos autos dados por la Real Audiencia a favor de la posesión del Monasterio. El secretario Gómez Álvarez conviene mucho que se busquen los autos sin perdonar a esta y se notifiquen de nuevo y con los autos se hallarán en el oficio las informaciones que se hicieron para ganarlos. Está el testimonio señalado con el número 1591 y se hizo el mismo año. Pasó ante Pedro Gulías, escribano”[5]. Aínda que o Tumbo Grande non pon o nome do xuiz ó que se refire, debía de ser Del Castillo, pois o día 1º de decembro de 1588, firmou como testigo, sendo xuiz de Montes, o contrato que fixeron Frei Martín García del Pueyo, no nome do Mosteiro de Acibeiro e o mestre canteiro Juan de la Fuente, diante do escribán Benito de Ogando[6].

Posiblemente fora este xuiz, D. Francisco del Castillo, o derradeiro morador do Castelo do Castro de Montes, porque sabemos que o 7 de xullo de 1594 era xuiz desta xurisdición de Montes, D. Gonzalo Varela, xa que diante del, o contador do arcebispo Sanclemente, D. Hernando de Juarte, rematou en “cincuenta y dos mil maravedís las rentas de la Retencia de Montes a García Troitiño. Pasó la escritura ante Juan Sieyro, escribano de Cerdedo”[7], e por estas datas, segundo nos declara, como vimos anteriormente, o Cardeal Del Hoyo, o Castelo de Montes, habería arredor dunha década que ardera.

No ano 1602 era xuiz de Montes D. Pedro de las Landeras. O máis provable é que este xuíz xa non residira no castelo de Montes por estar este inhabitable, tal e como se pode comprobar polo contrato que este mesmo xuiz e o mestre canteiro Juan de la Fuente firman en Soutelo de Montes, freigresía de Santiago de Pardesoa, diante do escribán Benito de Ogando, o día dez de xaneiro do referido ano, onde o mestre canteiro faise responsable de facer na torre do Castro de Montes os seguintes arranxos: “...ha de facer na fachada da fortaleza da torre principal unha parede de catro palmos de alto e outros tantos de ancho, tanto como tivera de contorno e concavida a torre... ha de poñer ademais, na parede principal sesenta ameas (colocadas en proporción); deben ser de pedra de granito labradas, de dous pés de ancho e dous e medio de alto... debe poñer tamén catro gárgolas nas catro esquinas da súa fachada”[8].
N.B. (Fago a transcripción “ad pedem literae” por considerala moi ilustrativa en tódolos seus contidos).
O contrato di así:
“Contrato entre Pº delas
Las Landeras Juez de ms
y Juº delafuente cantero.

En el lugar de sotelo demontes feligresía de santiago de Pardesoa a diez dias del mes de hebrero de mil y seiscientos y dos años ante mi scrivaº. e tesº Parecieron Presentes partes de la una Pedro Delas Landeras Juez de tierra demontes y de la Otra Joandela Fuente cantero Vzº. de la flª De san BatoLome de pereira y dixero qu estaban concertados y conVenidos E ygualados El Uno con el oe otro En Razón de la obra de de Pared y almenas que se avia de de azer en la torre Principal De la fortaleza del castro de montes, Enclusa en esta Jurisdición que don Juº desancLemente arçoVispo de Santiago, cuya hes La dich. Torre y fortaleça Tiene mandado Redificar En la forma sigueinte // quel dho. Juº delafuente cantero: A deazer en la cha. fortaleza y torre prenciPal della Una bara de pered de alto de quatro palmos y otro tanto de ancho todo lo que tubiere de contorno y concavidad La dha. torre. La qual dha. Pared a de azer de manPostería de manera que de la dhz. Pared a la parte de dentro se Pueda armar La obra de carPintería que en ella se a de azer.- Mas a de azer El dho. Juº de la fuente sobre la dha. Pared y Poner en la Principal della sasenta almenas en ProPorción Las quales an de tener dos Pies de ancho y dos y medio de alto; y an de ser de piedra de grano Labradas las quales el dho.pedro de las Landeras A de mandar Vuscar adonde El dho. Juº de la fuente Las cogiere y sacare y Puestas Junto de la dha. fortaleza con la mas Piedra, agua, arena, Varro y todas maderas para andamios que fuere necesario Para El azer de la obra de suso declarada; Con mas Le A dedar La maroma con todos Los ornamentos necessarios sentrada y Puesta en la Pared de La dha. fortaleza donde sea conVeniente Para Por ella subir Las piedras y Lo mas necesario Para el azer de la dha. obra. todo Ello A su costa y monsion y con Lo susodho. El dho. Juº de la fuente a de azer la dha.obra de Pared y almenas A su ProPia costa y monsion firme y buena y las dihas. almenas Vien sentadas y La ha de dar echa dentro de tres meses siguientes, que coRen dende yo en adelante. Por lo qual El dho. Pº De las Landeras Juez susodho. Le a de dar y pagar quarenta y cinco duºs. en esta manera: Diez Ducados que luego Le dio y Pago en Presencia De mi scrivaº. y Tsº desta carta que doi fe y dicho Juan de la fuente cantero Los recibio y los treinta y cinco duºs. rrestantes La mitad Luego quel dho. Juº de la fuente EnPezare a asentar la dha. Pared // y La otra mitad La obra echa y acavada y que si el dho. Juan de la Fuente no la yziere por las formas y En el tiempo senalado que el dho. Pedro de Las Landeras Pueda buscar oficiales Que a su costa la agan y del Pueda aver u Cobrar Lo que Los TaLes oficiales Por ello LLevaren y que Tuvieren El dho. Pedro de las landeras Juez susodho. Le a de dar carretada La dha. Piedra, maderas y mas cossas Quen estas escrituras Van declaradas Junto de la dha. Fortaleza de manera que el dho. Joan de la Fuente Por falta dello no est detenido ni sus oficiales so Pena de le pagar Todos Los gastos que se le esclarecieren por falta dello / y demas dello el dho. Juº de la fente a de poner quatro gargolas En Las queatro squinas de la dha. Fortaleza que An de echar El agua del Tejado Della y an de ser De Piedra de grano y tener de saLida fuera pie y medio y Por que cada Uno dellos cumplan Los sodho obLigaron sus Personas y vienes como Podimiento y mejor de derecho Lugar Ubiese y dieron Poder a las Justicias seglares q dellos Puedan y deban conocer; Para que Por todo Rigor de Justicia se lo agan KunPLir y Pagar Como si fuese ssa. definitiva Pasada en cosa Juzgada y Renunciaron las mas Leis de su favor y La Lei general y otorgaron scritura de contrato y obLigacion en fforma. Ante mi scivano E Tsºs. El dho. Pedro de Las Landeras Lo firmo de su norº. y de rruego del dho. Juan de la fuente Lo firmo Pedro darriVa Tºs. El sobredicho y antº Gil Vecinos de Santiago de Pardesoa y dº nunez Criado de mi scriva. y Jº de Couso Vzº de san miguel De presqueiras E yo sriva. doi fe conozco a los testigos y Otorgantes Aquí contenidos // y que La piedra de manPosteria La a de arincar El dho. Jº de la fuente a su costas de la Parte de donde la allare.
(Seguen as firmas) N.B. Ver a nota ó pé de páxina, Nº 94.

Como acabamos de ver, a obra tiña un custe de 45 ducados e tres meses de prazo para o seu remate e entrega.

Coma moitas de tantas obras contratadas e non realizadas, esta posiblemente fora unha delas, pois non hai constancia de que esta se levara a cabo, indagando nos meses posteriores a este contrato, nos protocolos deste escriván. Posiblemente fora o derradeiro intento por manter en pé un monumento que andaba rondando os cincocentos anos de existencia. Pero os derradeiros cen anos foron tremendos: primeiro, un contundente destrozo, proporcionado co derrocamento que nel fixeron os Irmandiños e finalemente o incendio. Ó primeiro, como vimo, seguíronlle varios intentos de reconstrucción, ó xeito de remendos, -por parte dos mitrados comoposteláns- pero polo que se pode deducir dos documentos, sempre foron moi pobres, (lembrémonos do que dicían algúns testigos) posiblemente por falla de ducados e maravedís suficientes, que era o gran problema que para a súa reconstrucción vían os mesmos testigos. E ó segundo, un incendio, posiblemente devastador, dado o lugar por onde este empezou, que foi o tellado. Por tanto, este intento de arranxo, debeu quedar só en proxecto.

Baso as miña teoría de que estas obras de reconstrucción e engadidos do ano 1602 se realizaran, fundamentándoas en que Del Hoyo, é moi claro cando di que lle contaron que “habra como veinte y cinco o veinte y seis años que se quemó con fuego…y las centellas que llevo el viento prendieron en el texado de la dicha fortaleça”[9].

Deste feito, podemos deducir, que cos medios que había nese tempo, un incendio no tellado, considerando a altura da torre, era imposible de atallar. Ó ser un espacio cerrado por catro paredes, a propagación polos sobrados, tiña que ser fulminante, xa que eran de madeira, como vimos no proceso.

O cardeal Del Hoyo cando se refire a outras torres e fortalezas que estaban reconstruidas ou en bo estado, ponse a describilas como eran e da un importante número de detalles e pormenores, cousa que non fai nesta ocasión, dando a entender que estaba abandoada, ou eso me parece a min deducir, do seu escrito. O contrato de arranxo, fíxose no ano 1602 e o cardeal debeu visitar Presqaueiras antes de 1607. De haberse feito aqueles arreglos, de seguro que o autor das Memorias, nos houbera dado conta dese detalle. Do que sí nos da conta aquí Del Hoyo é de “dos hermitas: una de Nuestra Señora de Castro y otra de Santa Marina de Alfonsín…”[10].

Á vista desto, coido que tamén podemos concluir que a capela de Nosa Señora do Castro fíxose despois de 1526, ano do proceso que nós estudiamos, -porque ningún testigo fala dela- e antes de 1607, ano no que o Cardeal, data as Memorias. A obra que fixo Xosé Nieto, mestre canteiro de Cerdedo, 60 anos máis tarde, e que nos relata Rodriguez Fraiz, adxudicándolle a realización total da obra, pola suma de 1250 reais, non foi a capela de Nosa Señora do Castro, que como vimos, xa estaba feita con anterioridade, senon dalgún arranxo ou engadido, por máis importante e grande que este fora[11].

Finalmente coido que a razón máis contundente e de maior peso, tivo que ser, a realización da nova residencia para ós xuíces meiriños, que se fixo en Soutelo de Montes, e que Rodriguez Fraiz, data no ano 1602. “…Este Juez, (refírese a Pedro de las Landeras) hizo ver al Prelado…la necesidad de construir una casa decente, capaz y en mejor sitio para la comodidad del pueblo, que el Castillo, de tan difícil acceso; se determinó que el lugar más céntrico y mejor comunicado con toda la jurisdición era la localidad de Soutelo denominado desde entonces de Montes; por pasar a ser desde ese momento la cabeza de toda la Tierra de Montes… A este Juez, se le debe pues, la construcción de la Casa-Torre arzobispal de Montes, por orden del arzobispo Sanclemente que éste mandó levantar para vivienda de los Jueces-Merinos, sita en Soutelo de Arriba, perteneciente en aquel entonces a la feligresía de Pardesoa…Esta Casa-Torre, constaba de todos los elementos necesarios para el fin a la que fue construida, vivienda del Juez, sala de Justicia, archivo, cárcel y muy cerca de la misma el Campo de la Picota o “forca” para ejecutar los reos condenados a la última pena, concedida esta triste facultad a los jueces de Montes por el rey o la autoridad real…El sitio de o Campo de la Picota, donde se ajusticiaba a los reos que por sus crímenes eran condenados a muerte en la Jurisdición de Montes, se halla en el lugar de Sotelo de Abajo, no muy lejos de la cárcel, junto a la casa de Álvaro Sieiro, en los términos de la Madalena”[12].

Pero para ó estudio da reconstrucción da torre de Montes temos neste documento do “contrato de obra” entre o xuiz De las Landeras e Joan de la Fuente, varios datos que nos poden servir para a súa maior e mellor comprensión: 1º contratáronse 60 ameas de dous pés de ancho e dous e medio de alto. Esto danos un total de 56 cms. de ancho para cada unha das ameas e 70 cm. de altura. 2º As sesenta ameas eran para rodear todo o contorno dos catro muros da torre, polo que lle correspondería a cada cara (de ser cadrada) un total de 15 ameas, que deberan ir separadas entre sí aredor dos 40-50 cms. o que nos leva a concluir que cada muro debía medir arredor de 15 metros lineais e como consecuencia, a torre ocuparía un espacio que debera andar sobre os 225 ms. cadrados, mentres que o espacio interior debera estar sobre os 120 ms. cadrados, xa que os muros tiñan un espesor medio, como vimos na valoración de danos de 1.7 ms. de grosor, ainda que os muros baixos eran máis anchos, pois levaban un “petril”, como vimos tamén na referida valoración de danos e neste mesmo documento.

Muros (parte exterior) .. + -.. 15X15…………………………. 225 ms 2.
Grosor dos muros (término medio) ………………………… 1.70 m.
Muros (parte interior ou espacio habitable)…+ -11 X 11….. 121 ms 2.

Todos estas consclusións numéricas son, para min, meras hipóteses de traballo. Pero partindo dos datos que nos foron dando, sobre todo os dous documentos máis fiables que empregamos neste estudio que son: (a) o proceso Tabera-Fonseca, onde os testigos falan baixo xuramento, e (b): un contrato notarial, onde se empeñaba, no só o bo nome das persos, senon tamén os seus bens. Podemos pensar, pois, que estamos moi cerca de poder facer un retrato bastante aproximado de cómo foi o Castelo do Castro de Montes, e o seu entorno, que é, en definitiva, unha das finalidais, deste traballo.
[1] P. T-F. fol. 1500. Pax. 509.
[2] P. T-F. fol. 1075. pax. 293.
[3] López Ferreiro, A. La Iglesia Compostelana en el siglo XVI. Cap. III, pax. 83 e seguintes. Gulías, X. Revista O Quince 2004. pax. 25. Ed. Concello de Beariz.
[4] Tumbo Grande do Mosteiro de Acibeiro. A. Hitórico de Po., pax. 152
[5] Tumbo Grando do Mosteiro de Acibeiro. pax. 47. A. Histórico de Pontevedra.
[6] Prot. Benito de Ogando, fols. 148-151. Nº. 1690. Arquivo H. de Pontevedra
[7] Rodriguez Fraiz, A. Sección de ciencias eclesiásticas y estudios jacobeos. pax. 358.
[8] “…ha de azer en la fachada de dich. fort. y torre principal una bara de pared de alto de quatro palmos y otro tanto de ancho todo lo que tubiese de contorno y concavida la dicha torre… Mas a de azer…sobre la dicha pared y poner en la principal della sasenta almenas en proporción, las quales an de tener dos pies de ancho y dos y medio de alto, y an de ser de piedra de grano labradas…a de poner quatro gargolas en las quatro esquinas de la dicha fortaleza” Prot. Benito de Ogando. Caixón 1692. Ano 1602. fols. 38, 38vº, 39, 39vº. Arquivo Histórico de Pontevedra.
[9] Jerónimo del Hoyo, Memorias del Arzobispado de Santiago. fol. 462 vº. pax. 495.
[10] Jerónimo del Hoyo, Memorias del Arzobispado de Santiago. Fol. 462 vº. pax. 495.
[11] Ver: Rodriguez Fraiz, A. Canteiros e artistas da Terra de Montes, pax. 309.
[12] Rodríguez Fraiz, A. Secciones de Ciencias Eclesiásticas y Estudios Jacobeos, paxs. 361 e 362. Separata de Compostellanum. Vol. XVI. Nº 1-4. Enero-Dic. 1971.

VI. VALORACIÓN DOS DANOS DO CASTELO DE MONTES.

Di así a acta notarial:
“Na nobre cidade de Salamanca, a once días do mes de outubro do ano do Nacemento do Noso Señor Xesu-Cristo de mil cincocentos vinteseis, en presencia miña Fernando de Briviesca, escrivano, tomado e nomeado por parte do Rvmo. señor don Juan Tavera, arcebispo de Santiago e Pedro González, escrivano tomado e nomeado por parte do Rvmo. señor Don Alonso de Fonseca, arcebispo de Toledo, pareceron presentes: Juan de Alava, mestre de cantería, veciño da referida cidade de Salamanca, xuiz tomado e nomeado por parte do dito Rvmo. señor arcebispo de Toledo e Juan Gil, mestre de cantería, veciño da referida cidade, xuiz tomado e nomeado por parte do Rvmo. señor arcebispo de Santiago, para ver e tasar os reparos das fortalezas e casas que están en pé, do arcebispado de Santiago, os cales dixeron que viran coa viasta dos ollos, e tasados tódolos reparos delas, declaráronos de xeito e maneira seguinte”[1].

Os peritos fixeron a valoración de danos no Castelo do Castro de Montes o día sete de setembro do ano 1526 , é dicir, trinta días antes da data na que os referidos mestres canteiros se presentaran diante dos escribáns para dar conta e facer constancia de que visitaran a fortaleza do Castro de Montes e valoraran os reparos que había que facer na devandita fortaleza de Montes.

“Primeiramente dixeron que atoparan a escaleira por onde entraron á casa, desbaratada e que era mester facer nela vintecinco pasos de pedra tal e como estaba ó principio, o que tasaron e regularon co seu pasamáns, en dous mil maravedís.

Tamén dixeron que atoparan o tellado desbaratado e asi mesmo dous chans con vigas de madeira que levaría en tempo… arranxar os tellados e os dous chans, tasáronos e reguláronos en dez mil cincuenta maravedís.

Tamén dixeron que se atopaba e atoparon a segunda escaleira que sobe ós tellados desbaratada e que era de madeira; esta consta de trece pasos e dúas vigas e co seu pasamán de madeira. Tasérono en dous ducados.

Tamén dixeron que se atopaba e atoparon un alxibe sucio e as xuntas sen betún; por limpar o alxibe e embetuna-las xuntas, tasárono en mil oitocentos setenta e cinco maravedís.

Tamén dixeron que valía unha arca grande e podre á que tasaron en dous ducados.

Igualmente atoparon unha pía de madeira para o servicio de lavar os pratos e as escudelas e tasárona en douscentos maravedís.

Tamén atoparon o tornarrodas da torre, onde rematan as paredes, desbaratado. O referido tornarrodas era de mampostería no que había vintedúas tapias de parede. Dixeron que tasaba e tasaron cada tapia en douscentos cincuenta maravedís, que suman un total de mil seiscentos maravedís.

Tamén dixeron que tasaban e tasaron porque era mester socalzar e enfeitar a parede que está debaixo do terrado menor no pano que está para ó medio día, e no pano que da para ó norte, porque nos dous panos había que enmendar e socalzar catro tapias de parede, que valen mil maravedis, xa que son de barro e pizarra.

Tamén dixeron que tasaban e tasaron o antepeito do valuarte para arranxar os portelos que ten. Mil quinientos maravedís.

Tamén dixeron que tasaban e tasaron un anaco do valuarte que está caído cara ó río, que abre seis tapias de parede de pedra seca, a ducado cada tapia, que suman seis ducados, porque a parede ten seis pés de groso.

Igualemente tasaron por limpar as hedras que hai nas cercas e arredor da casa e resanar as xuntas da casa con barro e pizarra en dous mil tres maravedís.

Igualemente dixeron que tasaban e tasaron por cubrir a cabaleriza e o forno co seu colmo e reparar o que fora mester, dous ducados.

Tamén atoparon que na cerca da horta faltaban por igualar algúns portelos que ten. Tasáronos en mil quinientos maravedís.

Tamén tasaron dúas portas de madeira: unha para a primeira porta da casa e a outra para horta… en dous ducados.

De xeito que suman estos reparos trinteun mil douscentos setenta e cinco maravedís, dos cales cargaron e fixéronlle cargo ó tempo do Rvmo. señor Patriarca, vinte mil maravedís porque foi nese tempo, cando se filleron os referidos estragos e no tempo do Rvmo. Arcebispo de Toledo dez mil douscentos setenta e cinco maravedís, porque nese tempo tamén se fixo outro dano e no tempo do Rvmo. señor arcebispo de Santiago os mil maravedís restantes, porque nese tempo tamén se fixeron outros danos, segundo parece, polo informe dos testigos”[2].

Á vista desta valoración de danos que fixeron as mestres canteiros Juan de Álava e Juan Gil como parte do proceso, penso que debemos concluir que o castelo de Montes non estaba nas mellores condicións de habitabilidade como podemos comprobar, tanto polo monto da tasación como pola cantidade de elementos importantes que se debían reparar, ou que faltaban como podían ser: os vintecinco chanzos da entrada; o “tellado desbaratado”; as vigas de dous pisos; as escaleiras de madeira que levaban ó tellado; un anaco de muro caido, na parte oriental, que gracias a esta tasación sabemos o que medían as paredes do Castelo: 6 pés de ancho, equivalentes a un metro con setenta centímetros. É interesante, ademais esta aclaración cando di “que abre says tapias de pared de piedra seca”. Cada tapia facíase, metendo entre dúas pedras grandes, tipo sillares de perpiaño, mampostería pequena e cascallo, mesturado con barro, motivo polo que os muros medievais acadaban espesores tan impoñentes. No caso este, di que era “pedra seca”, o que nos indica que o cascallo ía solto. Hai ademais dous detalles que non podemos deixar pasar de largo. Primeiro: estaba desfeito un dos tornarrodas, ou rebancos, que había onde remataban as paredes; e segundo: a mesma cimentación da torre quedara “tocada”, pois no relato di que había que arranxar varias tapias no pano que da “hacia madiodia” e no pano que da “hacia el norte”. Hai outros detalles menores, como pode ser a porta da casa e no exterior había que levar a cabo varios arranxos no muro que cercaba ó castelo.

Non hai constancia de que estes arranxos se fixeran nin como foi o resultado do arbritraxe. Vimos anteriormente o que custarían as obras do Castelo de Montes: un total de 31.265 maravedís. A tasación total de tódalas torres e castelos da mitra compostelá, que valoraron os dous mestres canteiros e que presentaron en Salamanca o día 11 de outubro de 1526 ascendía a 265.681 maravedís, dos cales 171.322, corresponderían ó tempo do Patriarca; 84.149, ó tempo do arcebispo de Toledo, e o restantes 10.210, ó Arcebispo de Santiago, monseñor Tabera[3].

Posiblemente, despois de “escoitar” ós testigos, o arcebispo de Toledo, pouco máis pagou, se é que o pagou, do que dí e promete, que non se sabe se o pagou, -o máis probable, é que non o pagara- xa que nos di no I Concilio de Alcalá o 28 de xaneiro de 1534, (oito anos despois do proceso) onde o Arcebispo Fonseca III, se reafirma no que sempre mantivo, antes e durante dito proceso:”...cremos certamente que tanto o Sr. Patriarca coma nós non temos abriga de cousa algunha con relación ós danos das fortalezas, por moitas razóns, xa alegadas no proceso desa causa… polo que temos a conciencia tranquila..., porque tanto a súa señoría coma nós poideramos ter razón dos danos e reparos feitos nas referidas fortalezas... mandamos dous “contos” de maravedís á Igrexa de Santiago e ó señor arcebispo, no seu nome, para que os gaste naquelas partes, lugares e fortalezas desa Santa Igrexa, (ou) onde mellor lle parecera e onde máis lle conveña... e pedimos que o señor cardeal arcebispo os reciba e teña por ben darse por satisfeito, cos devanditos dous “contos” de maravedís...se esto non lle parecera suficiente que quede o seu dereito a salvo e (tamén) cada unha das partes”[4].

Non hai constancia de que eses “dous contos” de maravedís, que prometeu o arcebispo de Toledo, chagaran a Santiago, dada a enorme cantidade de cartos que esto supoñía. Parece, máis ben, unha ¡finísima ironía!, propia dun galago, tan intelixente coma Fonseca III.

O día 4 de febreiro de de 1534 morría en Toledo, D. Alonso de Fonseca y Ulloa.

Foi proposto para ocupar a mitra do primado de España, nin máis nin menos có arcebispo de Santiago, D. Juan Tabera.

Este feito púxolle fin ás liortas, peterrías e pleitos que poideran existir sobre o asunto dos pagos polos danos sufridos nas fortalezas que pertencían á mitra compostelá.

Podemos concluir que ¡a mitra de Toledo, ben pagaba un pleito!.

Pero gracias a este pleito, somos capaces de achagarnos, no día de hoxe, aínda que sexe de xeito meramente conceptual, á Torre do Castelo do Castro de Montes e contemplar aquela maravilla dende a que se gobernou esta terra durante a Idade Media.
[1] T-F. px. 575. N.B. A transcripción ó galego foi realizada polo autor: X. Gulías.
[2] P. T-F. fols. 1-3. paxs. 577-578. N.B. Transcripción ó galego: X. Gulías.
[3] (Ver) Rodriguez González, A. Introducción ó Proceso, pax. IX.
[4] “…creemos y tenemos por cierto que el dicho señor Patriarca ni nós, somos obligados a cosa alguna de los dichos daños, e por muchas raçones que están alegadas en el proceso de la causa, proponiendo satisafación e seguridad de nuestra conciencia e a la del dicho señor Patriarca, en satisfación e carga de cualquier pago e obligación que su señoría e nos, pudieramos tener por raçón de los daños e reparos de las dichas fortalezas; mandamos “dos cuentos” de maravedís a la dicha Santa Iglesia de Santiago e al señor arçobispo en su nombre, para que los mande gastar en aquellas partes e lugares e fortalezas de la dicha Sancta Iglesia que le pareciere e viere que mas convenga…e pedimos que el señor cardenal arçobispo lo haga y tenga por bien, contentarse con los dichos “dos cuentos” de maravedís, e si desto no fuera contento, que quede su derecho a salvo e (también) cada una de las dichas partes” Rodriguez González A. Las Fortalezas de la Mitra Compostelana. Prólogo. Pax. IX.

V. OS RECONSTRUCTORES DO CASTELO DE MONTES.

Despois de facernos unha idea aproximada de cómo era o Castelo do Castro de Montes antes do seu derrocamento polos Irmandiños, imos saber agora, tamén por boca de varios testigos que coñeceron o Castelo, quen ou quenes foron os seus reconstructores. Para empezar temos que dicir que este traballo de reconstrucción non empezou, nin ben remataron as revoltas irmandiñas, senon algún tempo despois de que se apaciguaran os ánimos, sobre todo, no caso que nos ocupa, con certas escaramuzas, e algunhas, bastante encarnizadas, -como foi a toma de Pontevedra- que como iremos vendo, sostiveron sobre todo o Patriarca e o nobre D. Pedro Álvarez de Soutomaior, coñecido tamén coma o Conde de Camiña ou Pedro Madruga. O título de “conde de Camiña” (vila portuguesa, situada fronte á Guarda). foille concedido polo rei Alfonso V de Portugal e o apelativo de “Madruga”, impúxollo, segundo a tradición, o Sarmiento de Ribadavia, xa que nunha ocasión, ambos concertaran ter unha pelexa en terra neutral, saíndo ambos dos seus castelos, despois do primeiro canto do galo. D. Pedro, non respetou a palabra dada e saíu de Soutomaior ó solpor, chagando a Ribadavia, cando o Sarmiento estaba aperellando as cabalgaduras. Ó velo, o conde de Ribadavia díxolle: -¡Madrugas, Pedro, madrugas!.

Lendas aparte, Don Pedro de Soutomaior “buscaba todos los medios y ocasiones para dominar Galicia. Consiguió un juro de heredad de 150.000 maravedises para el y para su mujer, de D. Enrique de las mercedes (está errado o autor porque non é o de las “mercedes”, que era Enrique II, senon o “impotente”: Enrique IV) para las villas de Pontevedra, Redondela y Vigo, para poder dominar sobre estos territorios que pertenecían a la mitra compostelana”[1]. Couselo Bouzas fálanos de que o valor dese “juro” era de 150.000 maravedís, pero no proceso que sestiveron Tabera e Fonseca, fálase só de 50.000 maravedís[2].

O Patriarca reclamou que este “juro”, que era o dereito perpetuo de propiedade, fora revocado, pero o rei non fixo absolutamente nada, e D. Pedro apoderouse de todos estes territorios, baixo o pretexto, de que non se lle pagara esa déveda, concedida polo rei. Fonseca intentou diversas tretas que non deron resultado mentres o conde de Camiña mantivo as súas pretensións, pero a morte de D. Enrique precipitou os acontecementos, dividindo á nobreza dos reinos en dous partidos: uns decantáronse por Dona Isabel (entre eles o Patriarca) e outros por Dona Xoana, (entre os que estaba o Conde de Camiña) filla de D. Enrique IV, coñecida como a Beltanexa.

O Conde de Camiña, por agradecemento a D. Enrique e á Alfonso V de Portugal, converteuse no principal defensor de Dona Xoana no sur de Galicia, mentres que Fonseca e o Conde de Monterrei, entre outros, puxéronse do lado dos dereitos de Dona Isabel. Aquí ó meu entender, non houbo só unha loita dinástica, senon tamén e sobre todo, unha loita de intereses persoais.

Despois de que Alfonso V de Portugal fora vencido en Castela, loitando polos dereitos da Beltranexa, o seu exército transladouse a Galicia, en apoio do Conde de Camiña, ó que lle axudou a “apoderarse de Tuy, Bayona, Pontevedra, Redondela, Vigo, Caldas, Padrón, Sobroso y Montes”[3].

A toma do Castelo de Montes por parte de D. Pedro de Soutomaior, pode ser a razón, pola que varios testigos, no proceso, dixeran que fora tamén o Conde de Camiña, o que fixera certas restauracións no Castelo de Montes, aínda que ó final, non perduraran, como teremos oportunidade de compobar. Así temos que o noso veciño Fernando de Morgade, fai unha declaración fantástica e maxistral dos feitos “...que despois de que lla vira derrocar a Irmandade...a Fortaleza de Montes... di este testigo que viñera Pedro Álvarez de Soutomaior, que era enemigo do Patriarca e que ocupara a fortaleza e levantara nela unha parte onde se resgarban no corral e tivoa algun tempo con senté e despois de que a reconquistara o Sr. Pariarca, desfixo o que mandara facer Pedro Álvarez e voltouna a lavantar tal e como está agora ...o mesmo que aderezou a cerca e o corral”[4].

Tanta debía de ser a xenreira e o noxo que lle tiña o Patriarca ó de Soutomaior, que cando a retomou, mandou desfacer todo canto se fixera no tempo que estivera D. Pedro e a súa xente, no Castelo do Castro de Montes e “ despois fíxose a cerca, ó parecer deste testigo e esta é máis forte do que estaba antes...e oíu dicir que a mandara facer así o Sr. Patriarca... eque era el o que lle pagaba ós oficiais e lles daba de comer”[5].

O testigo Joan Colmeiro, que como xa vimos, fixo unha descripción do Castelo do Castro de Montes, di máis adiante, referíndose á reconstrucción, que “aderezouno e preparouno Peralvarez de Soutomaior...que conquistara a referida casa forte coa Terra de Montes ó Sr. Patriarca co dito repara que nela fixera Pedro Álvarez, é o que sabe, baixo cargo di dito xuramento”[6].

No mes de xuño do ano 1476, ó retirarse da contenda en Galicia o rei Alfonso V de Portugal, empeza o declive do Conde de Camiña, ó non recibir axuda dos portugueses.

Asi as cousas, estando D. Pedro preso en Benavente, o Patriarca e o conde de Monterrei, xuntaron os seus exércitos e tentaron de recuperar a vila de Pontevedra que defendía Dona Tereixa de Tábora, muller do Conde de Camiña, e foilles moi difícil, como nos conta Aponte: “…después de sostener las tropas del Patriarca batalla con Pedrares de Aldao, que por el Conde de Camiña la defendía, maltrecho este, se retiró con su gente a las torres y convento de San Francisco, no sin pérdida de mucha gente por ambas partes, entre los cuales se cuenta Tristán de Montenegro, capitán de las tropas de Fonseca”[7].

O Patriarca converteu Pontevedra no centro de operacións contra Don Pedro de Soutomaior. Para esta campaña, di Couselo Bouzas, “reunió Fonseca a todos los que de Sotomaior habían recibido agravios, como era García Sarmiento, señor de Sobroso; Gregorio Valladares, señor de Valladares; los Aballe (estes tiñan posesións e casa forte en Salvaterra) y otros. Se fueron apoderando sucesivamente de Puente-Sanpayo, Redondela, Vigo, de la parte de Arosa, de Castro de Montes y de los castillos de la Trinidad y Alba, que Camiña edificara”[8] (máis ben, teriamos que dicir: tentara reedificar, como vimos anteriormente).

Como o cometido deste estudio é o Castelo do Castro de Montes, ímonos centrar, unha vez que o temos recuperado polas forzas aliadas, na reconstrucción que nel levou a cabo o Patriarca, e que o fixo habitable de novo –se temos en conta o que escribe o Cardenal del Hoyo- ata o ano 1582, ¿? tempo no que sufreu un incendio que fixo que daí en diante fora totalmente abandoado.

Referente ó Castelo, di o autor das “Memorias del Arzobispado de Santiago”, cando fala da parroquia de San Miguel de Presqueiras: “Neste distrito está a Fortaleza de Montes, o sitio é bo abrigado por uns montes que a rodean e din que habera como vinceinco ou vinteseis anos que se queimou con fogo; incendiose o monte pola parte oriental e as faiscas que levou o vento prenderon no tellado da fortaleza”[9].

Imos empezar a reconstrucción do Castelo de Montes polo tellado. Se nos fiamos, como así debe ser, do que lle contaron a Del Hoyo, e do que el nos transmite, dun xeito moi preciso, temos que chegar a conclusión de que o Patriarca non rematou a cubrición da torre, cunha bóveda de pedra, feita con dovelas, tal e como estaba a orixinaria, senón cun tellado, ou lousado, que sería o máis propio desta terra, asentado en madeira, por eso prendeu o lume no “texado”, tal e como nos conta o Cardeal, cando ardeu o monte do Castro polo lado oriental.

Os testigos que imos presentar a continuación, vannos contar con máis ou menos detalles, que foi o Patriarca, quen mandou reedificar a Torre de Montes. O primeiro é Rui Fenández “O Vello”, prateiro de profesión e veciño de Santiago, de 70 anos de idade, acordándose de 60. Sabe e ten noticias do Castelo de Montes “foi cousa coñecida por todos que o sr. Patriarca despois de que se asosegara a Irmandade mandou levantar as fortalezasn da Santa Igrexa e puso ó foronte delas meiriños e alcaides porque sabe que Xoán de Presedo foi alcaide de Montes”[10].

Este testigo segue enumenrando fortalezas e dando os nomes dos meiriños que o Patriarca puxera ó fronte de cada unha delas.

Tamén temos nesta mesma liña de dar os nomes dos meiriños, ó Rvd. D. Xoán de Melgarejo, chantre da Catedral de Santiago que nos fai unha relación das fortalezas que foron restauradas posteriormente, por mandato do Arcebispo de Toledo e cando se refire ó Castelo de Montes di: “....non sabe canto nin que na Fortaleza do Castro de Montes este testigo lle entregou a Suero Mosquera e Xácome López, no tempo que foron alcaides dela, por mandato do señor Arcebispo de Toledo, por certas libranzas de ‘lutuosas’...non se lembra a canto podería ascender o monto, aínda que pensa que poderían chegar a rondar uns dez ou doce mil maravedís...e non sabe se os alcaides os ‘bebieron’ ou ‘repararon’...” [11].

Esto indícanos que non só o Patriarca intentou levantar o castelo de Montes, senón, que anos máis tarde, Fonseca III, tamén gastou moitos cartos, como acabamos de ver, nese proxecto.

Tanto Rui Fernández como Melgarejo apórtanos tres xuíces inéditos de Montes. Xoán Presedo, que foi alcaide nos tempos do Patriarca e Suero Mosquera e Xácomo López, nos tempos do Arcebispo de Toledo, aínda que non son capaces de precisar as datas. É importante a puntualización que fai o chantre da catedral, que por mandato do Arcebispo fixolle “ciertas libranças de lutuosas” a estes dous derradeiros meiriños, e aquelas luctuosas, ascendían a varios miles de maravedís pero el, di que non sabe o que se fixo con eses cartos.

O declarado por Rui Fernández, vai ser corroborado cunha claridade asombrosa polo testigo Vasco de Marçaas, escudeiro, veciño do coto e mosteiro de Chantada, duns 70 anos, acordándose de 60 máis ou menos que na súa declaración di que o señor Patriarca “traía oficiasis de cantería e os labrantes (canteiros que labraban a pedra) estaban coa senté de servicio e dábanlle de comer ós oficiais e pagáballes Fernando de Capillas, criado do Sr. Patriarca que estaba ali como encargado e mentres se labraba a fortaleza da Barreira este testigo foi ó castelo de Montes, sendo alcalde e meiriño Xoán de Presedo, nomeado polo Sr. Patriarca e viu que no castelo había oficiais canteiros labrando e tiñan o seu guidastre co que arriaban a pedra para facer a torre da homenaxe do dito castelo, e dicían que era o Sr. Patriarca que o mandaba labrar...”[12].

As declaracións destes testigos son moi reveladoras pois sabemos que cando o Patriarca empezou a levantar a torre da homenaxe do Castelo do Castro de Montes puxo ó foronte da construcción, como mestre de obras a Fernando de Capillas e como xuiz meiriño a Xopán de Presedo. As obras da reconstrución non se remataron no tempo do Patriarca senón que continuaron, como vimos máis arriba, ata o tempo de Fonseca III, cando foron xuices meiriños, Suero Mosquera e Xácomo López, que por mandato do actual arcebispo de Toledo, o chantre Xoán de Melgarejo, lles da para as obras, procedentes das luctuosas, “hasta diez o doce mill marabedis”, que o chantre declara non saber en que empregaron eses alcaides eses diñeiros, “se los bebieron” ou os empregaron para o que estaban destinados, que era a reconstrucción dos danos da fortaleza. Da a entender Melgarejo, que poidera haber, por parte dos meiriños, a posibilidade de certo tipo de corrupción na inversión e manexo deses maravedís, procedentes das “lutuosas”.

Poidera ser esta, se as cousas foron así, unha das razóns pola que a torre da homenaxe, era máis baixa e non tiña cubrición de pedra con dovelas, como a tiña a anterior, senon con “texado”, como nos di Del Hoyo, razón pola que no incendio, o lume empezou precisamente por esa parte; e dado os medios da época, era imposible atallalo. Pero este incendio non se houbera producido de ter o teito con bóveda de pedra.

Os demais testigos maniféstanse dun xeito moi semellante, declarando sempre –baixo xuramento- que fora o Patriarca o que mandara “llebantar”, “rehedificar” ou “adereçar” o Castelo do Castro de Montes. A maioría deles non entran en pormenores, pois temos que darnos conta que as distancias eran un problema moi importante na época e era tamén moito, o tempo transcurrido dende os acontecementos, para que estes homes poideran entrar en pormenores, salvo os veciños de Xirazga, que como vimos, e teremos de novo oportunidade de constatar, son os que máis detalles dan destas particularidades.

Así temos que Xoán Prateiro que ademáis de relatarnos as liortas que mantivera no tempo dos Reis Católicos de “feliz memoria”, o Patriarca contra o Conde de Camiña[13] foi o Patriarca de Alexandría o que “levantou e reedificou algunhas fortalezas, especialmente di que oíu dicir que reedificara os castelos de Montes e Xallas”[14].

Pedro Siso na súa declaración dinos que “despois de que pasara a Irmandade que derrocou as fortalezas e casas fortes do Reino de Galicia, o Patriarca fixo e reedificou algunhas das fortalezas da Santa Igrexa, que lles foran derrocadas... Sabe que levantou e reedificou...á súa costa, segundo o oira dicir, as fortalezas de Rodeiro... e o Castelo de Castro de Montes...”[15].

O testigo Juan Besteiro, veciño de San Vicente de Berres fai unha interesante pormenorización da torre da Barreira, que non estudiaremos aqui, por non ser cometido deste traballo. Só tomaremos del, o referente ó Castelo de Montes, que sabe porque “...oíu dicir ...que a Irmandade derrocara o Castelo de Montes... e naquela data tamén oira dicir que quen reedificara e aderezara o Castelo de Montes e outras fortalezas do arcebispado, fora o señor Patriarca”[16].

Unha das declaracións que hai que ter moi en conta é a do canteiro Xoán de Ulla, testigo presentado polo arcebispo de Toledo e di na súa declaración “...que despois de que pasou a Irmandade, derrocadas as fortalezas... viu que foi o Señor Patriarca quen voltou a levantar e a reedificar a fortaleza da Barreira…, a de Rodeiro... porque labrou nesas fortalezas como oficial de cantería e víu como o Señor Patriarca as mandara labrar... o testigo víu tamén derrocadas as torres de Pontevedra, Caldas de Reis...e o Castelo de Montes, pois di o testigo que as víu levantadas e dicían que as mandara reedificar o Patriarca, porque era el quen pagaba, aínda que non sabía de onde procedía o diñeiro”[17].

É moi interesante, ó meu modo de ver o testemuño deste canteiro, porque foi dos que formou parte na reconstrucción alo menos, de dúas fortalezas: a da Barreira e a de Rodeiro e sabía que os cartos que cabraba saían das arcas do Patriarca, que era o pagaba, aínda que descoñecía a súa procedencia. Con relación á reconstrucción da torre da Barreira, aproveitando que nela traballou este testigo, debamos sinalar que no ano 1607 o Cardeal Xerónimo del Hoyo escribía, falando da parroquia de San Martiño de Rioboo, anexo de San Critobo de Remesar, o seguinte: “En el distrito de esta feligresía está la fortaleça que llaman de la Barrera. Está mal reparada; es de la dignidad arçobispal”[18].

Tamén o testigo Lopo de Queiçan, xastre de oficio e veciño de Santiago, tiña noticias do Castelo de Montes “e oíu dicir que o Señor Patriarca mandara aderezar o Castelo de Montes”[19].

O seguinte testigo xa o temos visto con anterioridade, pois foi un dos que nos aportou varios nomes de alcaldes e diputados dos irmandiños da vila de Pontevedra que atacaron diversas fortalezas, tanto da mitra compostelá como da nobreza. Trátase de Xoán Robalino, o Vello, pescador e veciño de Pontevedra que nos di que “despois de que pasou a Irmandade que derrocou as fortalezas do Reino de Galicia, sendo nese tempo prelado da Santa Igrexa de Santiago o señor Patriarca, di este testigo que fixera levantar e reedificar a fortaleza de Lobeira...e oíulle dicir a algunhas persoas, que non se lembra dos nomes, que o señor Patriarca tamén fixera levantar e reedificar a forteleza da Barreira e o Castelo do Castro de Montes...”[20].

Na mesma liña, aínda que apunta un dato máis, exprésase Rui da Fontaiña, pescador e veciño do Coto de Lérez cando di: “que despois de algúns anos que acontecera o da Irmandade...o señor Patriarca fixo levantar e reedificar outra vez a fortaleza de Lobería e o Castelo de Montes...o Castelo de Montes, di este testigo que o labraron oficiais por mandato do arcebispo e que se lles pagaba ou non, o testigo non o sabe”[21].

Dun xeito moi semellante son as declaracoións de Alfonso García de Rajo, veciño de Pontevedra[22], Alfonso Fuituoso, notario de número da vila de Pontevedra[23], Ruy Chamorro, veciño de Pontevedra[24], Alfonso Mosqueira, de Santa María de Vigo[25], Martín Tarrio, labrador e veciño de Santa María de Cruces[26], todos estes oiron falar e teñen noticia do Castelo do Castro de Montes e oiron dicir que era o señor Patriarca o que mandara reedifiar as fortalezas derrubadas, entre elas a do Castro de Montes e que era o señor Patriarca o que mandaba pagar “a los ofiçiales, porque los basallos no la pagaban ni ayudaban en ello”[27].

Hai un único testigo, Lope d’Outeiro, veciño das terras de Cordeiro, a dúas leguas de Lobeira e a outras tanto de Rianxo, que aparece neste proceso, e que di “...que despois de que rematara a Irmandade que derrocou as fortalezas...o testigo nunca despois oíu dicir que... se voltaran a reedificar ninguna das fortalezas derrocadas...”[28], aínda que máis adiante parece que quere rectificar, pois engade: “...viu levantada a fortaleza de Lobeira e tamén a de Lataño, tal e como están; di tamén que o señor Patriarca levantáraas de xeito que se poideran habitar e aderezóunas á súa costa.”[29].

Coido que os testemuños son bastante abundantes e claros no senso de que despois da revolta dos Irmandiños, como se desprende destas declaracións, o Patriarca de Alexandría foi o que mandou reconstruir de novo as fortalezas “derrocadas”, e entre elas a do Castro de Montes, aínda que ó parecer dalguns testigos, fora un pouco máis baixa do que era orixinariamente e coa cubrición de “texado”, sustituindo á cuberta de pedra, feita con dovelas, sobre a que se podía camiñar “en derredor” como sucedía na primitiva “bara de casa” do Castelo de Montes.

[1] Couselo Bouzas, J. Estudios Gallegos, pax. 66.
[2] T-F. Fol. 585.
[3] Couselo Bouzas, J. La Guerra Hermandina, pax. 67.
[4] “…que despues de que bido derrocar a la hermandad…la fortaleza de Castro de Montes…dize el dicho testigo que biniera Pedro Albarez de Sotomaior que hera enemigo del dicho Patriarca y se metiera en la fortaleza y llebantara en ella çierta parte donde se acogia en el corral e la tuviera algun tiempo con gente e que despues el dicho sr. Patriarca la ubiera e derrocara lo que el dicho Pedro Albarez fiziera e la tornara a hacer llevantar de la manera que agora hesta e hadereçara la çerca e corral de la dicha fortaleza” T-F. fol 491. pax. 252.
[5] “despues se hizo la dicha çerca, al pareçer de este testigo, hesta mas fuerte de lo que antes hestaba…e oyo dezir que el sr. Patriarca lo hiziera ansí hazer como tiene y que pagaba los oficiales e que les daba de comer” T-F. fol. 491. pax. 252.
[6] “lo adereço e preparo Peralvarez de Sotomaior…que tomara la dicha casa e fortaleza con la Tierra de Montes al dicho Sr. Pariarca e se la tubo çierto tiempo, no hes acordado quanto, e despues la ubiera el dicho Sr. Patriarca con el dicho reparo que en ella hiziera el dicho Pedro Alvarez e lo que sabe, so cargo del dicho juramento” T-F. Fol. 403. pax. 192.
[7] Couselo Bouzas, J. Estudios Gallegos y Las Guerras Hermandinas, pax. 68
[8] Couselo Bouzas, J. Estudios Gallegos y las Guerras Hermandinas, pax. 69.
[9] “…En este distrito caye la fortaleça de Montes, cuyo sitio es bueno y abrigado por unos buenos montes que la cercan y dicen habrá como veinte y cinco o veinte y seis años que se quemó con fuego, que se incendió en el monte en la parte del oriente y las centellas que llevó el viento prendieron en el texado de la dicho fortaleça” Jerónimo del Hoyo. Memorias del Arzobispado de Santiago, fol.462vº, pax. 495.
[10] “…que fue publica boz e fama y notorio que el dicho sr. Patriarca que despues de asosegada la dicha hermandad mando e hizo llebantar las fortalezas de la dicha Santa Iglesia e que pusiera en ellos merinos e alcaides porque sabe que Joan de Presedo fue alcaide de Montes” T-F. fol. 1117.
[11] “…no save quanto e que en la fortaleza de Castro de Montes este testigo libro a Suero Mosquera y a Jacome Lopez, alcaides que della fueron, por mandato del dicho señor Arzobispo de Toledo ciertas libranças de lutuosas de la tierra que no hes acordado de lo que podían montar mas de quanto cree que llegarian hasta diz o doze mill marabedis poco mas o menos y que no sabe si los dichos alcaides los bebieron e repararon” T-F. fol. 1075. pax. 286-296.
[12] “traia ofiçiales de cantería y los labradores le serbian con la serbentia y a los dichos ofiçiales les daba de comer y pagaba Fernando de Capillas, criado del dicho señor Patriarca questaba alli en ello entendiendo e dice este dicho testigo que en el tiempo que la Fortaleza de la Barrera se labraba este testigo fuera al Castillo de Montes, siendo en el, por alcaide y merino Joan de Presedo (nomeado) por el dicho señor Patriarca y viera en el andar ofiçiales canteros labrando y tener su gindaste en que sobian la piedra para hacer la torre de omenaje del dicho castillo y todos dezian que el dicho señor Patriarca lo mandaba labrar” T-F. fols. 1486-1500. paxs. 508-509.
[13] Ver. fols. 1142 en diante. T.F. pax. 320-325.
[14] “llebanto e rehedifico algunas fortalezas hespeçialmente dize que oyo dezir publicamente que rehedificara los Castillos de Montes y Jallas…”P. T-F.fol 1136. pax. 322.
[15] “despues de pasada la dicha hermandad que derroco las dichas fortalezas y casas fuertes del dicho Reino de Galizia, el dicho Patriarca fizo e rehedifico algunas de las fortalezas que le fueron derrocadas de la dicha Sancta Iglesia, hespecialmente que sabe que el llebanto, rehedifico…a su costa e mision según el testigo oia dezir porque nunca oyo dezir que la tierra ni otras personas le ayudaran a que las llebantar e oyo dezir que llebantara la fortaleza de Rodero y el Castillo de Castro de Montes…” P. T-F. fol 1147, 1147vº. Paxs. 325,327 e segs.
[16] “...oyo dezir e hera de muy publica boz e fama que la dicha hermandad derrocara…entre otros el Castillo de Montes…y al dicho tiempo oyo dezir que rehedificara y adereçara al castillo de Montes y a otras fortalezas de su arçobispado…dicho señor Patriarca” T-F. fols. 1164-1182. paxs. 334-344.
[17] “que pasada la dicha hermandad y derrocadas las fortalezas…vido quel dicho señor Patriarca torno a llebantar y rehedificar la fortaleza de la Barrera…Rodeiro…porque labro en las dichas fortalezas como ofiçial de canteria e bido quel dicho Patriarca las mandara labrar e quel testigo bio derrocadas las torres de Pontevedra, Caldas de Reis… e el castillo de Montes e pues dize este testigo que las bio llebantadas e oyo dezir que las fiziera llebantar e rehedificar el dicho Patriarca a su costa e mision porque de su parte pagaba los dineros, aunque no save donde los avia” T-F. Fols. 1194-1200. Paxs. 347 e segintes.
[18] Jerónimo de Hoyo. Memorias del Arzobispado de Santiago. fol. 451 vº. pax.481.
[19] T-F. fols. 1217 e 1231. Pax. 363.
[20] “pasada la dicha hermandad que derroco las dichas fortalezas en el Reino de Galizia e siendo como al teimpo hera arçobispo e perlado en la sancta Iglesia de Santiago el señor Patriarca, dize este dicho testigo quel fiziera llebantar e rehedificar la fortaleza de Lobera…e oio dezir algunas personas de cuios nombres al presente no hes acordado que el dicho señor Patriarca tambien fiziera llebantar e rehedificar la fortaleza de la Barrera y el Castro de Montes…” T-F. 1285-1289. paxs. 388-390.
[21] “que despues de algunos años de pasada la dicha hermandad…el señor Patriarca fiziera llebantar e rehedificar otra bez la fortaleza de Lobera e el Castillo de Montes… y el Castillo de Montes dize este testigo que lo labraban ofiçiales por mandato del arçobispo y que si les pagaba o no quel testigo no lo sabe” T-F. fol. 1300. pax. 395.
[22] T-F. fol 1306.
[23] T-F. ver fols. 1314 e 1318 vº.
[24] T-F. fols. 1323 e 1325.
[25] T-F. fol 1372.
[26] T-F. fol. 1418.
[27] T-F. fol 1373. pax. 433.
[28] “…que después de pasada la dicha hermandad que derrocó las dichas fortalezas…segun dicho tiene (refírese entre outras, á de Padrón, á de Caldas, á da vila de Pontevedra, á de Lobeira e ó Castelo do Castro de Montes) en las preguntas antes desta, el testigo nunca despues aca ha visto ni oydo dezir que los dichos pueblos ni fortalezas se obieran tornado a hazer ni rehedificar ningunas fortalezas que derrocaron” T-F. fol. 1560vº-1561. paxs. 543-544.
[29] “…vido llebantanda la fortaleza de Lobera y tambien la de Lantaño como estan y dize este testigo que el dicho señor Patriarca las llebantara de manera que se mora e avita y la adereçara a su costa” T-F. fol. 1561. pax. 544.