sábado, 12 de enero de 2008

V. OS RECONSTRUCTORES DO CASTELO DE MONTES.

Despois de facernos unha idea aproximada de cómo era o Castelo do Castro de Montes antes do seu derrocamento polos Irmandiños, imos saber agora, tamén por boca de varios testigos que coñeceron o Castelo, quen ou quenes foron os seus reconstructores. Para empezar temos que dicir que este traballo de reconstrucción non empezou, nin ben remataron as revoltas irmandiñas, senon algún tempo despois de que se apaciguaran os ánimos, sobre todo, no caso que nos ocupa, con certas escaramuzas, e algunhas, bastante encarnizadas, -como foi a toma de Pontevedra- que como iremos vendo, sostiveron sobre todo o Patriarca e o nobre D. Pedro Álvarez de Soutomaior, coñecido tamén coma o Conde de Camiña ou Pedro Madruga. O título de “conde de Camiña” (vila portuguesa, situada fronte á Guarda). foille concedido polo rei Alfonso V de Portugal e o apelativo de “Madruga”, impúxollo, segundo a tradición, o Sarmiento de Ribadavia, xa que nunha ocasión, ambos concertaran ter unha pelexa en terra neutral, saíndo ambos dos seus castelos, despois do primeiro canto do galo. D. Pedro, non respetou a palabra dada e saíu de Soutomaior ó solpor, chagando a Ribadavia, cando o Sarmiento estaba aperellando as cabalgaduras. Ó velo, o conde de Ribadavia díxolle: -¡Madrugas, Pedro, madrugas!.

Lendas aparte, Don Pedro de Soutomaior “buscaba todos los medios y ocasiones para dominar Galicia. Consiguió un juro de heredad de 150.000 maravedises para el y para su mujer, de D. Enrique de las mercedes (está errado o autor porque non é o de las “mercedes”, que era Enrique II, senon o “impotente”: Enrique IV) para las villas de Pontevedra, Redondela y Vigo, para poder dominar sobre estos territorios que pertenecían a la mitra compostelana”[1]. Couselo Bouzas fálanos de que o valor dese “juro” era de 150.000 maravedís, pero no proceso que sestiveron Tabera e Fonseca, fálase só de 50.000 maravedís[2].

O Patriarca reclamou que este “juro”, que era o dereito perpetuo de propiedade, fora revocado, pero o rei non fixo absolutamente nada, e D. Pedro apoderouse de todos estes territorios, baixo o pretexto, de que non se lle pagara esa déveda, concedida polo rei. Fonseca intentou diversas tretas que non deron resultado mentres o conde de Camiña mantivo as súas pretensións, pero a morte de D. Enrique precipitou os acontecementos, dividindo á nobreza dos reinos en dous partidos: uns decantáronse por Dona Isabel (entre eles o Patriarca) e outros por Dona Xoana, (entre os que estaba o Conde de Camiña) filla de D. Enrique IV, coñecida como a Beltanexa.

O Conde de Camiña, por agradecemento a D. Enrique e á Alfonso V de Portugal, converteuse no principal defensor de Dona Xoana no sur de Galicia, mentres que Fonseca e o Conde de Monterrei, entre outros, puxéronse do lado dos dereitos de Dona Isabel. Aquí ó meu entender, non houbo só unha loita dinástica, senon tamén e sobre todo, unha loita de intereses persoais.

Despois de que Alfonso V de Portugal fora vencido en Castela, loitando polos dereitos da Beltranexa, o seu exército transladouse a Galicia, en apoio do Conde de Camiña, ó que lle axudou a “apoderarse de Tuy, Bayona, Pontevedra, Redondela, Vigo, Caldas, Padrón, Sobroso y Montes”[3].

A toma do Castelo de Montes por parte de D. Pedro de Soutomaior, pode ser a razón, pola que varios testigos, no proceso, dixeran que fora tamén o Conde de Camiña, o que fixera certas restauracións no Castelo de Montes, aínda que ó final, non perduraran, como teremos oportunidade de compobar. Así temos que o noso veciño Fernando de Morgade, fai unha declaración fantástica e maxistral dos feitos “...que despois de que lla vira derrocar a Irmandade...a Fortaleza de Montes... di este testigo que viñera Pedro Álvarez de Soutomaior, que era enemigo do Patriarca e que ocupara a fortaleza e levantara nela unha parte onde se resgarban no corral e tivoa algun tempo con senté e despois de que a reconquistara o Sr. Pariarca, desfixo o que mandara facer Pedro Álvarez e voltouna a lavantar tal e como está agora ...o mesmo que aderezou a cerca e o corral”[4].

Tanta debía de ser a xenreira e o noxo que lle tiña o Patriarca ó de Soutomaior, que cando a retomou, mandou desfacer todo canto se fixera no tempo que estivera D. Pedro e a súa xente, no Castelo do Castro de Montes e “ despois fíxose a cerca, ó parecer deste testigo e esta é máis forte do que estaba antes...e oíu dicir que a mandara facer así o Sr. Patriarca... eque era el o que lle pagaba ós oficiais e lles daba de comer”[5].

O testigo Joan Colmeiro, que como xa vimos, fixo unha descripción do Castelo do Castro de Montes, di máis adiante, referíndose á reconstrucción, que “aderezouno e preparouno Peralvarez de Soutomaior...que conquistara a referida casa forte coa Terra de Montes ó Sr. Patriarca co dito repara que nela fixera Pedro Álvarez, é o que sabe, baixo cargo di dito xuramento”[6].

No mes de xuño do ano 1476, ó retirarse da contenda en Galicia o rei Alfonso V de Portugal, empeza o declive do Conde de Camiña, ó non recibir axuda dos portugueses.

Asi as cousas, estando D. Pedro preso en Benavente, o Patriarca e o conde de Monterrei, xuntaron os seus exércitos e tentaron de recuperar a vila de Pontevedra que defendía Dona Tereixa de Tábora, muller do Conde de Camiña, e foilles moi difícil, como nos conta Aponte: “…después de sostener las tropas del Patriarca batalla con Pedrares de Aldao, que por el Conde de Camiña la defendía, maltrecho este, se retiró con su gente a las torres y convento de San Francisco, no sin pérdida de mucha gente por ambas partes, entre los cuales se cuenta Tristán de Montenegro, capitán de las tropas de Fonseca”[7].

O Patriarca converteu Pontevedra no centro de operacións contra Don Pedro de Soutomaior. Para esta campaña, di Couselo Bouzas, “reunió Fonseca a todos los que de Sotomaior habían recibido agravios, como era García Sarmiento, señor de Sobroso; Gregorio Valladares, señor de Valladares; los Aballe (estes tiñan posesións e casa forte en Salvaterra) y otros. Se fueron apoderando sucesivamente de Puente-Sanpayo, Redondela, Vigo, de la parte de Arosa, de Castro de Montes y de los castillos de la Trinidad y Alba, que Camiña edificara”[8] (máis ben, teriamos que dicir: tentara reedificar, como vimos anteriormente).

Como o cometido deste estudio é o Castelo do Castro de Montes, ímonos centrar, unha vez que o temos recuperado polas forzas aliadas, na reconstrucción que nel levou a cabo o Patriarca, e que o fixo habitable de novo –se temos en conta o que escribe o Cardenal del Hoyo- ata o ano 1582, ¿? tempo no que sufreu un incendio que fixo que daí en diante fora totalmente abandoado.

Referente ó Castelo, di o autor das “Memorias del Arzobispado de Santiago”, cando fala da parroquia de San Miguel de Presqueiras: “Neste distrito está a Fortaleza de Montes, o sitio é bo abrigado por uns montes que a rodean e din que habera como vinceinco ou vinteseis anos que se queimou con fogo; incendiose o monte pola parte oriental e as faiscas que levou o vento prenderon no tellado da fortaleza”[9].

Imos empezar a reconstrucción do Castelo de Montes polo tellado. Se nos fiamos, como así debe ser, do que lle contaron a Del Hoyo, e do que el nos transmite, dun xeito moi preciso, temos que chegar a conclusión de que o Patriarca non rematou a cubrición da torre, cunha bóveda de pedra, feita con dovelas, tal e como estaba a orixinaria, senón cun tellado, ou lousado, que sería o máis propio desta terra, asentado en madeira, por eso prendeu o lume no “texado”, tal e como nos conta o Cardeal, cando ardeu o monte do Castro polo lado oriental.

Os testigos que imos presentar a continuación, vannos contar con máis ou menos detalles, que foi o Patriarca, quen mandou reedificar a Torre de Montes. O primeiro é Rui Fenández “O Vello”, prateiro de profesión e veciño de Santiago, de 70 anos de idade, acordándose de 60. Sabe e ten noticias do Castelo de Montes “foi cousa coñecida por todos que o sr. Patriarca despois de que se asosegara a Irmandade mandou levantar as fortalezasn da Santa Igrexa e puso ó foronte delas meiriños e alcaides porque sabe que Xoán de Presedo foi alcaide de Montes”[10].

Este testigo segue enumenrando fortalezas e dando os nomes dos meiriños que o Patriarca puxera ó fronte de cada unha delas.

Tamén temos nesta mesma liña de dar os nomes dos meiriños, ó Rvd. D. Xoán de Melgarejo, chantre da Catedral de Santiago que nos fai unha relación das fortalezas que foron restauradas posteriormente, por mandato do Arcebispo de Toledo e cando se refire ó Castelo de Montes di: “....non sabe canto nin que na Fortaleza do Castro de Montes este testigo lle entregou a Suero Mosquera e Xácome López, no tempo que foron alcaides dela, por mandato do señor Arcebispo de Toledo, por certas libranzas de ‘lutuosas’...non se lembra a canto podería ascender o monto, aínda que pensa que poderían chegar a rondar uns dez ou doce mil maravedís...e non sabe se os alcaides os ‘bebieron’ ou ‘repararon’...” [11].

Esto indícanos que non só o Patriarca intentou levantar o castelo de Montes, senón, que anos máis tarde, Fonseca III, tamén gastou moitos cartos, como acabamos de ver, nese proxecto.

Tanto Rui Fernández como Melgarejo apórtanos tres xuíces inéditos de Montes. Xoán Presedo, que foi alcaide nos tempos do Patriarca e Suero Mosquera e Xácomo López, nos tempos do Arcebispo de Toledo, aínda que non son capaces de precisar as datas. É importante a puntualización que fai o chantre da catedral, que por mandato do Arcebispo fixolle “ciertas libranças de lutuosas” a estes dous derradeiros meiriños, e aquelas luctuosas, ascendían a varios miles de maravedís pero el, di que non sabe o que se fixo con eses cartos.

O declarado por Rui Fernández, vai ser corroborado cunha claridade asombrosa polo testigo Vasco de Marçaas, escudeiro, veciño do coto e mosteiro de Chantada, duns 70 anos, acordándose de 60 máis ou menos que na súa declaración di que o señor Patriarca “traía oficiasis de cantería e os labrantes (canteiros que labraban a pedra) estaban coa senté de servicio e dábanlle de comer ós oficiais e pagáballes Fernando de Capillas, criado do Sr. Patriarca que estaba ali como encargado e mentres se labraba a fortaleza da Barreira este testigo foi ó castelo de Montes, sendo alcalde e meiriño Xoán de Presedo, nomeado polo Sr. Patriarca e viu que no castelo había oficiais canteiros labrando e tiñan o seu guidastre co que arriaban a pedra para facer a torre da homenaxe do dito castelo, e dicían que era o Sr. Patriarca que o mandaba labrar...”[12].

As declaracións destes testigos son moi reveladoras pois sabemos que cando o Patriarca empezou a levantar a torre da homenaxe do Castelo do Castro de Montes puxo ó foronte da construcción, como mestre de obras a Fernando de Capillas e como xuiz meiriño a Xopán de Presedo. As obras da reconstrución non se remataron no tempo do Patriarca senón que continuaron, como vimos máis arriba, ata o tempo de Fonseca III, cando foron xuices meiriños, Suero Mosquera e Xácomo López, que por mandato do actual arcebispo de Toledo, o chantre Xoán de Melgarejo, lles da para as obras, procedentes das luctuosas, “hasta diez o doce mill marabedis”, que o chantre declara non saber en que empregaron eses alcaides eses diñeiros, “se los bebieron” ou os empregaron para o que estaban destinados, que era a reconstrucción dos danos da fortaleza. Da a entender Melgarejo, que poidera haber, por parte dos meiriños, a posibilidade de certo tipo de corrupción na inversión e manexo deses maravedís, procedentes das “lutuosas”.

Poidera ser esta, se as cousas foron así, unha das razóns pola que a torre da homenaxe, era máis baixa e non tiña cubrición de pedra con dovelas, como a tiña a anterior, senon con “texado”, como nos di Del Hoyo, razón pola que no incendio, o lume empezou precisamente por esa parte; e dado os medios da época, era imposible atallalo. Pero este incendio non se houbera producido de ter o teito con bóveda de pedra.

Os demais testigos maniféstanse dun xeito moi semellante, declarando sempre –baixo xuramento- que fora o Patriarca o que mandara “llebantar”, “rehedificar” ou “adereçar” o Castelo do Castro de Montes. A maioría deles non entran en pormenores, pois temos que darnos conta que as distancias eran un problema moi importante na época e era tamén moito, o tempo transcurrido dende os acontecementos, para que estes homes poideran entrar en pormenores, salvo os veciños de Xirazga, que como vimos, e teremos de novo oportunidade de constatar, son os que máis detalles dan destas particularidades.

Así temos que Xoán Prateiro que ademáis de relatarnos as liortas que mantivera no tempo dos Reis Católicos de “feliz memoria”, o Patriarca contra o Conde de Camiña[13] foi o Patriarca de Alexandría o que “levantou e reedificou algunhas fortalezas, especialmente di que oíu dicir que reedificara os castelos de Montes e Xallas”[14].

Pedro Siso na súa declaración dinos que “despois de que pasara a Irmandade que derrocou as fortalezas e casas fortes do Reino de Galicia, o Patriarca fixo e reedificou algunhas das fortalezas da Santa Igrexa, que lles foran derrocadas... Sabe que levantou e reedificou...á súa costa, segundo o oira dicir, as fortalezas de Rodeiro... e o Castelo de Castro de Montes...”[15].

O testigo Juan Besteiro, veciño de San Vicente de Berres fai unha interesante pormenorización da torre da Barreira, que non estudiaremos aqui, por non ser cometido deste traballo. Só tomaremos del, o referente ó Castelo de Montes, que sabe porque “...oíu dicir ...que a Irmandade derrocara o Castelo de Montes... e naquela data tamén oira dicir que quen reedificara e aderezara o Castelo de Montes e outras fortalezas do arcebispado, fora o señor Patriarca”[16].

Unha das declaracións que hai que ter moi en conta é a do canteiro Xoán de Ulla, testigo presentado polo arcebispo de Toledo e di na súa declaración “...que despois de que pasou a Irmandade, derrocadas as fortalezas... viu que foi o Señor Patriarca quen voltou a levantar e a reedificar a fortaleza da Barreira…, a de Rodeiro... porque labrou nesas fortalezas como oficial de cantería e víu como o Señor Patriarca as mandara labrar... o testigo víu tamén derrocadas as torres de Pontevedra, Caldas de Reis...e o Castelo de Montes, pois di o testigo que as víu levantadas e dicían que as mandara reedificar o Patriarca, porque era el quen pagaba, aínda que non sabía de onde procedía o diñeiro”[17].

É moi interesante, ó meu modo de ver o testemuño deste canteiro, porque foi dos que formou parte na reconstrucción alo menos, de dúas fortalezas: a da Barreira e a de Rodeiro e sabía que os cartos que cabraba saían das arcas do Patriarca, que era o pagaba, aínda que descoñecía a súa procedencia. Con relación á reconstrucción da torre da Barreira, aproveitando que nela traballou este testigo, debamos sinalar que no ano 1607 o Cardeal Xerónimo del Hoyo escribía, falando da parroquia de San Martiño de Rioboo, anexo de San Critobo de Remesar, o seguinte: “En el distrito de esta feligresía está la fortaleça que llaman de la Barrera. Está mal reparada; es de la dignidad arçobispal”[18].

Tamén o testigo Lopo de Queiçan, xastre de oficio e veciño de Santiago, tiña noticias do Castelo de Montes “e oíu dicir que o Señor Patriarca mandara aderezar o Castelo de Montes”[19].

O seguinte testigo xa o temos visto con anterioridade, pois foi un dos que nos aportou varios nomes de alcaldes e diputados dos irmandiños da vila de Pontevedra que atacaron diversas fortalezas, tanto da mitra compostelá como da nobreza. Trátase de Xoán Robalino, o Vello, pescador e veciño de Pontevedra que nos di que “despois de que pasou a Irmandade que derrocou as fortalezas do Reino de Galicia, sendo nese tempo prelado da Santa Igrexa de Santiago o señor Patriarca, di este testigo que fixera levantar e reedificar a fortaleza de Lobeira...e oíulle dicir a algunhas persoas, que non se lembra dos nomes, que o señor Patriarca tamén fixera levantar e reedificar a forteleza da Barreira e o Castelo do Castro de Montes...”[20].

Na mesma liña, aínda que apunta un dato máis, exprésase Rui da Fontaiña, pescador e veciño do Coto de Lérez cando di: “que despois de algúns anos que acontecera o da Irmandade...o señor Patriarca fixo levantar e reedificar outra vez a fortaleza de Lobería e o Castelo de Montes...o Castelo de Montes, di este testigo que o labraron oficiais por mandato do arcebispo e que se lles pagaba ou non, o testigo non o sabe”[21].

Dun xeito moi semellante son as declaracoións de Alfonso García de Rajo, veciño de Pontevedra[22], Alfonso Fuituoso, notario de número da vila de Pontevedra[23], Ruy Chamorro, veciño de Pontevedra[24], Alfonso Mosqueira, de Santa María de Vigo[25], Martín Tarrio, labrador e veciño de Santa María de Cruces[26], todos estes oiron falar e teñen noticia do Castelo do Castro de Montes e oiron dicir que era o señor Patriarca o que mandara reedifiar as fortalezas derrubadas, entre elas a do Castro de Montes e que era o señor Patriarca o que mandaba pagar “a los ofiçiales, porque los basallos no la pagaban ni ayudaban en ello”[27].

Hai un único testigo, Lope d’Outeiro, veciño das terras de Cordeiro, a dúas leguas de Lobeira e a outras tanto de Rianxo, que aparece neste proceso, e que di “...que despois de que rematara a Irmandade que derrocou as fortalezas...o testigo nunca despois oíu dicir que... se voltaran a reedificar ninguna das fortalezas derrocadas...”[28], aínda que máis adiante parece que quere rectificar, pois engade: “...viu levantada a fortaleza de Lobeira e tamén a de Lataño, tal e como están; di tamén que o señor Patriarca levantáraas de xeito que se poideran habitar e aderezóunas á súa costa.”[29].

Coido que os testemuños son bastante abundantes e claros no senso de que despois da revolta dos Irmandiños, como se desprende destas declaracións, o Patriarca de Alexandría foi o que mandou reconstruir de novo as fortalezas “derrocadas”, e entre elas a do Castro de Montes, aínda que ó parecer dalguns testigos, fora un pouco máis baixa do que era orixinariamente e coa cubrición de “texado”, sustituindo á cuberta de pedra, feita con dovelas, sobre a que se podía camiñar “en derredor” como sucedía na primitiva “bara de casa” do Castelo de Montes.

[1] Couselo Bouzas, J. Estudios Gallegos, pax. 66.
[2] T-F. Fol. 585.
[3] Couselo Bouzas, J. La Guerra Hermandina, pax. 67.
[4] “…que despues de que bido derrocar a la hermandad…la fortaleza de Castro de Montes…dize el dicho testigo que biniera Pedro Albarez de Sotomaior que hera enemigo del dicho Patriarca y se metiera en la fortaleza y llebantara en ella çierta parte donde se acogia en el corral e la tuviera algun tiempo con gente e que despues el dicho sr. Patriarca la ubiera e derrocara lo que el dicho Pedro Albarez fiziera e la tornara a hacer llevantar de la manera que agora hesta e hadereçara la çerca e corral de la dicha fortaleza” T-F. fol 491. pax. 252.
[5] “despues se hizo la dicha çerca, al pareçer de este testigo, hesta mas fuerte de lo que antes hestaba…e oyo dezir que el sr. Patriarca lo hiziera ansí hazer como tiene y que pagaba los oficiales e que les daba de comer” T-F. fol. 491. pax. 252.
[6] “lo adereço e preparo Peralvarez de Sotomaior…que tomara la dicha casa e fortaleza con la Tierra de Montes al dicho Sr. Pariarca e se la tubo çierto tiempo, no hes acordado quanto, e despues la ubiera el dicho Sr. Patriarca con el dicho reparo que en ella hiziera el dicho Pedro Alvarez e lo que sabe, so cargo del dicho juramento” T-F. Fol. 403. pax. 192.
[7] Couselo Bouzas, J. Estudios Gallegos y Las Guerras Hermandinas, pax. 68
[8] Couselo Bouzas, J. Estudios Gallegos y las Guerras Hermandinas, pax. 69.
[9] “…En este distrito caye la fortaleça de Montes, cuyo sitio es bueno y abrigado por unos buenos montes que la cercan y dicen habrá como veinte y cinco o veinte y seis años que se quemó con fuego, que se incendió en el monte en la parte del oriente y las centellas que llevó el viento prendieron en el texado de la dicho fortaleça” Jerónimo del Hoyo. Memorias del Arzobispado de Santiago, fol.462vº, pax. 495.
[10] “…que fue publica boz e fama y notorio que el dicho sr. Patriarca que despues de asosegada la dicha hermandad mando e hizo llebantar las fortalezas de la dicha Santa Iglesia e que pusiera en ellos merinos e alcaides porque sabe que Joan de Presedo fue alcaide de Montes” T-F. fol. 1117.
[11] “…no save quanto e que en la fortaleza de Castro de Montes este testigo libro a Suero Mosquera y a Jacome Lopez, alcaides que della fueron, por mandato del dicho señor Arzobispo de Toledo ciertas libranças de lutuosas de la tierra que no hes acordado de lo que podían montar mas de quanto cree que llegarian hasta diz o doze mill marabedis poco mas o menos y que no sabe si los dichos alcaides los bebieron e repararon” T-F. fol. 1075. pax. 286-296.
[12] “traia ofiçiales de cantería y los labradores le serbian con la serbentia y a los dichos ofiçiales les daba de comer y pagaba Fernando de Capillas, criado del dicho señor Patriarca questaba alli en ello entendiendo e dice este dicho testigo que en el tiempo que la Fortaleza de la Barrera se labraba este testigo fuera al Castillo de Montes, siendo en el, por alcaide y merino Joan de Presedo (nomeado) por el dicho señor Patriarca y viera en el andar ofiçiales canteros labrando y tener su gindaste en que sobian la piedra para hacer la torre de omenaje del dicho castillo y todos dezian que el dicho señor Patriarca lo mandaba labrar” T-F. fols. 1486-1500. paxs. 508-509.
[13] Ver. fols. 1142 en diante. T.F. pax. 320-325.
[14] “llebanto e rehedifico algunas fortalezas hespeçialmente dize que oyo dezir publicamente que rehedificara los Castillos de Montes y Jallas…”P. T-F.fol 1136. pax. 322.
[15] “despues de pasada la dicha hermandad que derroco las dichas fortalezas y casas fuertes del dicho Reino de Galizia, el dicho Patriarca fizo e rehedifico algunas de las fortalezas que le fueron derrocadas de la dicha Sancta Iglesia, hespecialmente que sabe que el llebanto, rehedifico…a su costa e mision según el testigo oia dezir porque nunca oyo dezir que la tierra ni otras personas le ayudaran a que las llebantar e oyo dezir que llebantara la fortaleza de Rodero y el Castillo de Castro de Montes…” P. T-F. fol 1147, 1147vº. Paxs. 325,327 e segs.
[16] “...oyo dezir e hera de muy publica boz e fama que la dicha hermandad derrocara…entre otros el Castillo de Montes…y al dicho tiempo oyo dezir que rehedificara y adereçara al castillo de Montes y a otras fortalezas de su arçobispado…dicho señor Patriarca” T-F. fols. 1164-1182. paxs. 334-344.
[17] “que pasada la dicha hermandad y derrocadas las fortalezas…vido quel dicho señor Patriarca torno a llebantar y rehedificar la fortaleza de la Barrera…Rodeiro…porque labro en las dichas fortalezas como ofiçial de canteria e bido quel dicho Patriarca las mandara labrar e quel testigo bio derrocadas las torres de Pontevedra, Caldas de Reis… e el castillo de Montes e pues dize este testigo que las bio llebantadas e oyo dezir que las fiziera llebantar e rehedificar el dicho Patriarca a su costa e mision porque de su parte pagaba los dineros, aunque no save donde los avia” T-F. Fols. 1194-1200. Paxs. 347 e segintes.
[18] Jerónimo de Hoyo. Memorias del Arzobispado de Santiago. fol. 451 vº. pax.481.
[19] T-F. fols. 1217 e 1231. Pax. 363.
[20] “pasada la dicha hermandad que derroco las dichas fortalezas en el Reino de Galizia e siendo como al teimpo hera arçobispo e perlado en la sancta Iglesia de Santiago el señor Patriarca, dize este dicho testigo quel fiziera llebantar e rehedificar la fortaleza de Lobera…e oio dezir algunas personas de cuios nombres al presente no hes acordado que el dicho señor Patriarca tambien fiziera llebantar e rehedificar la fortaleza de la Barrera y el Castro de Montes…” T-F. 1285-1289. paxs. 388-390.
[21] “que despues de algunos años de pasada la dicha hermandad…el señor Patriarca fiziera llebantar e rehedificar otra bez la fortaleza de Lobera e el Castillo de Montes… y el Castillo de Montes dize este testigo que lo labraban ofiçiales por mandato del arçobispo y que si les pagaba o no quel testigo no lo sabe” T-F. fol. 1300. pax. 395.
[22] T-F. fol 1306.
[23] T-F. ver fols. 1314 e 1318 vº.
[24] T-F. fols. 1323 e 1325.
[25] T-F. fol 1372.
[26] T-F. fol. 1418.
[27] T-F. fol 1373. pax. 433.
[28] “…que después de pasada la dicha hermandad que derrocó las dichas fortalezas…segun dicho tiene (refírese entre outras, á de Padrón, á de Caldas, á da vila de Pontevedra, á de Lobeira e ó Castelo do Castro de Montes) en las preguntas antes desta, el testigo nunca despues aca ha visto ni oydo dezir que los dichos pueblos ni fortalezas se obieran tornado a hazer ni rehedificar ningunas fortalezas que derrocaron” T-F. fol. 1560vº-1561. paxs. 543-544.
[29] “…vido llebantanda la fortaleza de Lobera y tambien la de Lantaño como estan y dize este testigo que el dicho señor Patriarca las llebantara de manera que se mora e avita y la adereçara a su costa” T-F. fol. 1561. pax. 544.

No hay comentarios: