sábado, 12 de enero de 2008

OS ACTUAIS PROPIETARIOS DO CASTRO DE MONTES

Os terreos do Castro de Montes foron repatartidos entre os veciños, despois do proceso de desamortización, en pequenos anacos que se denominan leiras. Chama a atención que ningún dos propientarios conseve un documento de propiedade que nos poida dar luz para saber como se levou a cabo ese reparto e con que criterio se venderon, -ou cederon- por parte do estado, para poder saber se os veciños “propietarios”, pagaron ou non, o precio destes terreos, ou foi simplemente un reparto dunhas terras que quedaron como públicas, ás que os veciños accederon a elas, por medio dun sorteo, aínda que normalmente –como sucedeu con outras terras- este reparto, ía acompañado dun documento que os mesmos veciños facían, e que se levantaba para dar fe pública, de que ese reparto fora realizado e a quen correspondía cada “parcela”, “leira”, “posta” ou “quiñón”, nomes polos que son coñecidas estas propiedades, segundo os diversos lugares.

Segundo o Catastro do concello de Forcarei, ó que pertencen os terreos do Castro de Montes, e que me facilitou o seu director, os actuais propietarios e os número correspondente das fincas, son os seguintes:

Nº. 388.- María Raposeiras Rubín.
Nº. 389.- Andrés Garrido Álvarez.
Nº. 390.- Vicente Jorge Crego.
Nº. 395.- Carmen Jorge Correa.
Nº. 396.- Inés Blanco Diz.
Nº. 397.- Elvira Cortizo Adán.
Nº. 400.- Mª. Ana González Tojeiro.
Nº. 401.- Hermosinda Correa Adán.
Nº. 402.- Mª Ana González Tojeiro.
Nº. 456.- Manuel Álvarez Arén.
Nº. 457.- María Camiña Blanco.
Nº. 467.- Celia Martínez Santamaría.
Nº. 468.- Descoñecido.
Nº. 491.- Manuel Rey Álvarez.
Nº. 492.- Fco. Aurea, Olimpio Álvarez Arén.
Nº. 493.- Descoñecido.
Nº. 495.- Descoñecido.
Nº. 496.- Descoñecido.
Nº. 497.- Descoñecido.
Nº. 498.- Descoñecido.
Nº. 499.- Plácido Santos Santos.
Nº. 500.- Inés Blanco Diz.
Nº. 502.- Descoñecido.
Nº. 503.- Descoñecido.
Nº. 504.- Descoñecido.
Nº. 505.- Descoñecido.
Nº. 506.- Descoñecido.
Nº. 518.- Luis BarreiroCamiña.
Nº. 519.- ARCEBISPADO DE SANTIAGO.
Nº. 520.- Vicente Arén Correa.
Nº. 521.- Manuel Jorge Álvarez.
Nº. 542.- Constantina Iglesias Álvarez.
Nº. 548.- Manuel Rey Álvarez.
Nº. 550.- José e Amadeo Vales Adán.
Nº. 551.- Manuel Álvarez Arén.
Nº. 553.- Inés Blanco Díz.
Nº. 554.- Plácida Santos Santos.
Nº. 555.- Urbano Álvarez Jorge.
Nº. 556.- Olimpio Álvarez Arén.
Nº. 557.- Vicente Correa Adán.
Nº. 558.- Vicente Dobarco Rubín.
Nº. 559.- Severino Raposeiras Rubín.
Nº. 560.- Ángala Estévez Varela.
Nº. 561.- Severino Raposeiras Rubín.
Nº. 563.- Frc., Aurea e Olimpio Álvarez Arén.
Nº. 564.- Urbano Álvarez Jorge.
Nº. 565.- Luís Adán Jorge.
Nº. 566.- Manuel Cortizo Cortizo.
Nº. 567.- Manuel Cortizo Cortizo.
Nº. 568.- Prestila Barros Guevara.
Nº. 569.- Laurentina Arén Adán.
Nº. 570.- Adrés Couceiro Sanmartín.
Nº. 571.- Cristina Correa Camiña.
Nº. 572.- Peregrina Jorge Castro e Emérita Vales Cortizo.
Nº. 573.- Urbano Álvarez Jorge.
Nº. 574.- Vicente Correa Blanco.
Nº. 575.- Manuel Jorga Álvarez[1].

Comprende pois o que foi o Castro de Montes, un total de 58 “fincas” que pertencen na actualidade a un total de medio cento de propietarios, varios xa falecidos, cos seus correspondentes herdeiros e varios decoñecidos.

Os bens do clero da parroquia de San Miguel de Presqueiras, saíron a subasta pública en virtude das leis do 1º de maio de 1855 e do 11 de xullo de 1856 e por disposición do gobernador civil da provincia de Pontevedra, os días 7 e 9 de maio de 1866[2].

No “Boleín Oficial de Ventas de Bienes Nacionales de la Provincia de Pontevedra”[3] o día 7 de maio de 1866, no número 29, anúnciase o “Remate para el día 5 del próximo junio, de doce a una de la tarde en las Casas Consistoriales de esta capital, ante el Sr. Juez de primera instancia D. José Garrido, y escribano D. Martín Rial y Fernández”[4] a subasta de “bienes del clero procedentes de la fábrica de San Miguel de Presqueiras”.

Aparecen para esta subasta os terreos que levan no inventario os números seguintes: Nº 2295: Un terreo a labradío de segunda calidade, chamado Braña, de 1 ferrado y 8 ½ cuncas de cabida. (10 áreas y 74 centiáreas)…, tasado en 101 escudos, 500 milésimas polo que sae a subasta. Nº 2296: Outro idem, de terceira calidade, chamado Beralde… de 2 ferrados e 4 cuncas y 1/6 doutra…tasado en venda en 56 escudos. Nº 2297: Outro idem, de terceira calidade secano chamado Codeseira de 2 ferrados y 6 cuncas y ¼ de cabida (15 áreas y 85 centiáreas); Nº 2298: Outro a labradío e xesteira, chamado Besada…de 9 ferrados 5 y ¾ de cabida (59 áreas y 64 centiáreas), tasado en 56 escudos polo que sae a subasta. Nº 2299 Outro Idem, toxal de terceira calidade, chamdo Cacharela de 41 ferrados, 1 cuna e 1/3 de outra, tasado en venda en 84 escudos polo que sae a subasta. Nº 2300: Outro a labradío de segunda calidade, chamado Pandas de 2 ferrados, 3 e 1/2 cunca de cabida, tasado en venda en 54 escudos polos que sae a subasta[5].

No mesmo Boletín da Provincia, pero dous días máis tarde, é dicir, o 9 de maio dese mesmo ano, pola mesma disposición e segundo as mesmas leis, “remataranse el día 7 del próximo junio de doce á una de la tarde, ante el Sr. Juez de primera instancia D. José Garrido, y escribano D. Ignacio Rey Vázquez”,[6] os bens do clero pertencentes á fábrica de San Miguel de Presqueiras. As fincas que se subastaron son de “menor cuantía” e están no inventario cos números seguintes: Nº 2301: terreo a labradío, de segundo, chamado Pandas de 4 ferrados e 7 cuncas de cabida, tasado en venda en 104 escudos, polo que sea a subasta; Nº 2302: outro idem, chamado Ludeiro de 1 ferrado e 2/6 de cunca de cabida, tasado en venda en 24 escudos, polo que sae a subasta; Nº 2304: outro idem, toxal, terceira calidade, chamado Baliño de 2 ferrados, 2 cuncas e ¾ de outra. Tasado en venda en 13 escudos e 200 milésimas; Nº 2305: un terreo a labradío, calidade regadío, chamado Brañeiro, de 6 cuncas de cabida, tasado en venda en 30 escudos; Nº 2306: outro idem, de segunda, regadío de 2 e ¾ de cunca de cabida, tasado en venda en 14 escudos[7].

Engádese que a renta pola que estes terreos foron capitalizados, foi a graduada polos peritos. Seguen as advertencias que se lle fan os compradores destes terreos e ó final hai unha nota explicativa que xustifica en dous apartados este procedemento, e di o seguinte:
1ª “Considéranse como bens de corporacións civís, os Propios, Beneficencia e instrucción pública estes productos non igresan nas Caixas do Estado e os demais bens que baixo diferentes denominacións corresponden á provincia e ós pobos. 2ª Son bens do Estado, os que levan este nome, os de Instrucción pública superior, do cal os productos ingresan nas caixas do Estado, os do secuestro do Infante D. Carlos, os das Ordes Militares de S. Xoán de Xerusalén, os das Cofradías, Obras pías, Santuarios, e tódolos pertencentes e que atopen disfrutando os indivíduos ou Corporacións eclesiásticas, calquera que sexa o seu nome, orixe ou cláusula da súa fundación, a excepción das capelanías colativas de sangue. Pontevedra, 6 de maio de 1866. Xosé Villa Varela”.[8]

Os nomes dos propietarios que accederon a estes terreos están nos protocolos de ámbolos dous escribáns que asistiron a ditas subastas e van contidos no mesmo legaxo que se atopa no Arquivo Histórico de Pontevedra. O que non aparece nesta relación nin noutras consultadas, é algún dos terreos que formaron parte do Castro de Montes, o que me fai supoñer, que non se subastaron nesas datas, senon que foron repartidos máis tarde, entre tódolos veciños, como moitas outras terras adicadas a monte, que co tempo consideráronse púbricas, no primeiro cuarto do século XX.
[1] Catastro do Concello de Forcarei. Parroquias de San Miguel e Santa Mariña de Presqueiras.
[2] Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra. Lunes 7 de maio. Año 1866. Nº 29. Legaxo 8167. Exp.29. Arquivo Histórico de Pontevedra.
[3] O. C. pax. 1
[4] O.C. pax. 1.
[5] Ver: Boletín Ofical da Provincia de Po. paxs. 1-2. Nº 29. Ano 1866. Arquivo Histórico de Po. Legaxo 8167. Exp. Nº 29.
[6] Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Ano 1866. Mércores 9 de maio. Nº 30. Pax. 1. Legaxo 8167. Ex. 29. Arquivo Histórico de Pontevedra.
[7] O. C. Boletín Nº 30. Ano 1866. paxs. 1-2.
[8] O.C. pax. 3. Legaxo 8647. Exp. Nº 29. Arquivo Histórico de Pontevedra.

No hay comentarios: