sábado, 12 de enero de 2008

IV. ¿CÓMO ERA O CASTELO DE MONTES?

Acabamos de ver como os Irmandiños derrocaron o Castelo do Castro de Montes, que examinando o lugar onde estaba encrabado, decatámonos que só era accesible polo lado occidental. Este feito lévanos a pensar que as Irmandades que sairan de Pontevedra non tiveran que facer ningún rodeo para entrar polo flanco máis doado para o ataque, que era para eles o camiño máis dereito e por onde tiña o acceso e a entrada principal a fortaleza.

Pero ¿cómo era a orixinaria Fortaleza do Castelo de Montes, ou máis ben, o Castelo do Castro de Montes, que é o nome que conmunmente se usa no Proceso Tabera-Fonseca?.

A primeira descripción que temos do Castelo do Castro de Montes está contida na pregunta 21ª do Proceso de Interrogatorio, presentado polo Dr. Pedro de Cisneros, onde se lle preguntaba a cada testigo: “Se saben que o Castelo do Castro de Montes antes e no tempo en que o señor Patriarca foi arcebispo, tiña os edificios seguintes: que tiña a torra da homenaxe dúas brazas máis altas das que ten agora; que tiña, esta, tres sobrados cubertos de madeira e as súas estancias cubertas con dovelas e ameadas; que se podía andar por enriba da torre, todo ó arredor, por entre as ameas e a cubertura; que fóra da torra da homenaxe había unha sala coas súas cámaras, onde vivía o meiriño, e entrando, á man dereita, na referida sala había unha cerca que rodeaba a torre, toda ameada... que había cabalerizas e unha casa de servicio onde estaba o forno, cuberto de madeira e de colmo por riba e que esa sala estaba toda ameada e que había na dita fortaleza moitas armas, capacetes, ballestas fortes, tiros de pólvora, testados e padeses, ademais doutras municións” [1].

A descripción que fai do Castelo de Montes o Dr. Cisneros, é en liñas xerais, bastante precisa e meticulosa. Xa iremos vendo como se complementa esta, coas declaracións doutros testigos. Pero para empezar, temos que dicir que era un home entendido na construcción e que está describindo, no ano 1526 o monumento tal e como parece que estaba nese intre: 1º. Di que a “bara de casa”, ou torre da homenaxe, despois de reconstrucción quedara dúas “braças” máis baixas do que estaba orixinariamente, (antes do derrocamento) que como veremos máis adiante, este dato, será corroborado por algún dos testigos. Esto quere dicir que a nova torre perdera 3.35 ms de altura con relación á anterior. 2º. Que a “bara de casa hera de tres sobrados”. É dicir: a torre da homenaxe tiña tres pisos madeirados, que ven sendo tres alturas. Se calculamos que cada sobrado, nas construccións desa época, xiraba arredor dos 4 ms. de altura cada sobrado, como término medio. Temos que concluir que entre os tres sobrados acadaría unha altura que rondaría os 12 ms. 3º “de duela y almenada”. A cubrición, como veremos máis adiante era unha bóveda plana, feita con dovelas, ó xeito das ‘duelas’. Estas (duelas) encaixan de tal maneira, que non permiten que se perda o viños nos barrís, nin aquelas (dovelas) permiten que entre a auga no interior das casas, cando chove. As dovelas, neste tipo de bóvedas, soían ir, pola parte exterior apeadas sobre canzorros, -aínda que aquí non se fai mención algunha destes elementos, polo que podemos pensar que non os tiña- e na interior, encaixadas entre estas, ó xeito de cuñas e fortalezidas polo peso que exercen sobre as paredes, os antepeitos nas que van montadas as ameas. 4º Na parte exterior á “bara de casa” había “una sala con sus camaras en las que posaba el merino”. ¡É esta propiamente a residencia!. As torres non eran habitacións, seno lugares de vixía e de defensa, no caso dun ataque. 5ª “…habia una cerca en derredor de la dicha bara de casa toda almenada”. Esto indícanos que tanto a residencia dos meiriños como a torre propiamente dita, estaban fortificadas e defendidas por un muro ameado, de tal xeito que para acceder ó interior da fortaleza había que, ou reventar o portalón da entrada, ou escalar o muro, que se supuña, era o lugar onde estarían apostados os gardas, detrás das ameas para defender o recinto do castelo. 6º Xa do lado de fora do muro fortificado e ameado, estaban as “caballeriças”, e 7º: á beira destas había “una casa de serbiçio” na que estaba “el forno”. Como veremos, máis adiante, tódolos que coñeceron o castelo de Montes, fálannos das cabelerizas e do forno. Algúns, ata nos dirán que estas edificacións estaban tamén ameadas, pero é só o Dr. Cisneros o que indica que o forno estaba na casa de “serbiçio”, que posiblemente así fora: o lugar onde vivían os criados e a xente da servidume da casa. 8º Para rematar, algo que non soía faltar no interior das casas fortes, castelos e fortalezas: as armas: “muchas armas”: “capaçetes”, “ballestas fuertes”, “tiros de polbora”, “testeros”, “padeses” y “otras municiones”. Fala aquí da capacidade defensiva que había no interior do Castelo de Montes. Non obstante, como vimos cando se falou das Irmandades que atacaron ó castelo, ningún dos testigos dixo nada nin fixo referencia algunha, de que aquí se lle fixera fronte ou se ofrecera algún tipo de resistencia ós invasores.

¿Por qué dende o interior desta fortaleza do Castro de Montes non se lle fixo fronte ás Irmandades?

¿Cal é a razón ou cales foron a causas polas que as Irmandades entraron no Castelo de Montes e o derrocaron sen haber unhas loitas e uns enfrentamentos por parte dos que tiñan a obriga de defendelo?.

Posiblemente estas preguntas e outras moitas, non poidan ter unha resposta acertada, pola nosa parte, xa que non temos, nin a máis pequena opinión, dos que en realidade viviron aqueles acontecementos.


Outro dos testemuños que colleremos e que de seguro nos aportará algunha luz para achegarnos á comprensión e coñecemento de cómo foi o Castelo de Castro de Montes é o de Joan Colmeiro, labrador, veciño da frigresía de Santa Baia de Pena Morin[2]que coñeceu a fortaleza do Castro de Montes antes de que o derrocaran os Irmandiños e di na súa declaración que “...non se lembra de cantos sobrados tiña peque que sobre a sala tiña outro sobrado...e estaba ben feita a ‘bara de casa’, esta tiña tólas esquinas de pedra de gran e fiestras, portas e o resto era todo de pedra forte de lousa e tiña unha cerca que a circundaba todo á redor dende unha das esquinas...a cerca era tamén de pedra de lousa moi forte e resistente; as paredes moi anchas o mesmo que a ‘bara de casa’ como a do cercado e muro...”[3].

Este home danos uns detalles que debemos resaltar: 1º Aínda que no se lembra de cantos sobrados tiña a torre da homenaxe, sí se acorda de que “sobre la sala tenia otro sobrado”. Esto quere dicir que a estancia donde vivían os meiriños, tiña un “sobrado”, elemento que perdera coa reconstrucción. 2º. Sinala tamén que a torre da homenaxe “hera bien echa” e que tiña esquinais de granito, fiestras e portas, elementos estes que non foran mencionados. É moi importante, baixo o meu punto de vista que fale de “ventanas”. As “ventanas” son grandes aberturas ó exterior e nesa época estou seguro de que calquera persoa era capaz de distinguir este elemento: a “ventana”, que é unha fiestra, do que sería -no caso dunha fortaleza coma esta- unha “troneira”, que é tamén unha abertura ó exterior, pero moi estreita, por onde se vixiaba ó mesmo tempo que servía para lanzar frechas contra o invasor; pero o Castelo de Montes, segundo Colmeiro, tiña fiestras. 3º Menciona tamén “la çerca que la çercaba” (á torre da homexe) esta era de “losa muy fuerte e rezia”. Coincide con Cisneros no tocante a que estaba cercada o que era a fortaleza como tal, pero engade un detalle importante: a fábrica era de lusa, cos esquinais de granito, ambos elemento moi usado nesta bisbarra, dada a súa abundancia.

Un dos homes que mellor nos van mostrar como era o Castelo do Castro de Montes antes do ataque dos Irmandiños, é o noso conveciño Estebo Correa, labrador e morador da freigresía de San Salvador de Xirazga “de idade 100 años máis ou menos e que se se lembra ben de oitenta anos a esta parte”[4].

Maniféstalle ó xurado que que coñeceu ó Patriarca de “vista e abla”. Coñece ó arcebispo de Toledo e á Igrexa de Santiago. No que se refire á fortaleza do Castro de Montes “que a viu levantada, feita e ben aderezada, aque estaba cercada e ameada e a ‘bara da casa’ máis alta do que agora está, obra duna braza ou dúas ó parecer deste testigo; a ‘bara de casa’ tiña tres sobrados e os sobrados ben madeirados e as cámaras feitas e no corral habías dúas cabalerizas e as casas estaban cubertas de dovelas e ameadas e andábase arredor por encima do teito xunto coas ameas; por fora da devandita ‘bara de casa’ había unha sala e na sala había unha cámara onde dormía o meiriño que era e estaba aportado e entrando na referida sala, á man dereita había un corredor onde estaban as cadeas e os presos e di o testigo que había un forno cuberto; a casa onde estaba (cuberto) de madeira e colmo e que ó parecer deste testigo o muro e cerca de arredor da dita ‘bara de casa’ era ameado, obra dun tercio da dita cerca, e que a dita sala era tamén ameada e di que, ó mesmo tempo viu dentro da mesma fortaleza dous capacetes de home de armas e dúas balestras fortes e dous canóns da altura dun home que tiraban unha pedra tan grande coma un ovo e que había tamén obra de catro ou cinco escudos e padeses”[5].

Este veciño de Xirazga acórdase de cómo era a fachada da fortaleza antes do derrocamento e en liñas xerais conincide coa descripción que se facía na pregunta, en canto que di: 1º que estaba cercada e ameada; 2º que a torre da homenaxe tiña tres sobrados e a cubrición desta era abovedada “de dolla” e que se podía andar por fóra, arredor das ameas. 3º Fóra da torre había unha sala que era a estancia do meiriño que estaba ó fronte da fortaleza e fai aquí un engadido importante: entrando, á man dereita había un corredor que conducía ó lugar das cadéas, que era onde estaba os presos; 4º di tamén, máis adiante, referíndose a esta sala, que era tamén era ameada. 5º No corral había dúas “caballeriças”. Efectivamente: había dúas contruccións que este testigo non distingue ben: unha era a cabaleriza propiamente dita e a outra a casa do forno ou casa da servidume. 6º Debemos suliñar un dato que o testigo destaca no referenta á altura da torre da homenaxe: a que foi derrubada polos Irmandiños era máis alta do que é a actual “una braça o dos”[6]. Esto quere dicir que a torre que foi refeita despois da revolta dos Irmandiños, era entre metro e medio e tres metros, máis baixa cá orixinal, segundo Correa. 7º Finalmente este testigo abunda na enumeración das armas que había na fortaleza e ata dá detalles do que facía algunha delas: “tiraba una piedra tan grande como un huebo”, o que denota, ó meu entender que estivera varias veces alí e que as vira funcionar. O mesmo sucede, no tocante ós escudos de armas ou cando se refire ó lugar onde estaban as cadéas.

Outro dos testigos que mellor coñeceron o Castelo do Castro de Montes e que maior número de datos nos aportan é tamén, veciño de San Salvador de Xirazga. Chámase, Fernando de Morgade, vasalo do Arcebispo de Santiago, de 80 anos lembrándose de 70 e di que coñeceu a fortaleza de Montes antes de que fora derrocada “que tiña unha ‘bara de casa’ da altura dun home, ó parecer do testigo, máis do que agora ten... que tiña ó mesmo tempo tres sobrados os que estaban ben madeirados e a ´bara da casa’ dovelada de dovelas por encima no lugar de tella e que no sobrado máis alto da ‘bara da casa’ estaba por enriba ameada e andábase arredor das ameas e dende alí vixiaban... fora da ‘bara de casa’ había unha sala como está agora e tiña as súas cámaras onde dormía o meiriño, e que entrando na sala, á mán dereita había un apartamento feito ó xeito dun ‘caramanchón’, onde estaban as cadeas e prisións e os presos... o testigo non se lebraba se estaba ameada; e que había unha cerca arredor da fortaleza; ...e di que agora hai un corral que non había antes ó tempo na que a viu o dito testigo...e que había dentro da referida fortaleza cabalerizas onde estaban os cabalos e bestas e unha casa ameada e madeirada onde estaba un forno...” [7] Ó final engade na declaración, que estas dependecias, na actualidade están “todo descubierto y mal adereçado”.

Analizaremos con deteñemento os puntos claves desta declaración porque estou seguro de que estes nos achegarán a unha idea bastante clara e precisa de cómo era o Castelo do Castro de Montes: 1º Compara a actual torre da homenaxe coa anterior, e chega a conclusión de que é o equivalente á altura dun home, máis baixa cá orixinal. Correa dicía: “una braça o dos”(entre metro e medio e tres metros). 2º Tiña tres sobrados, elementos estes, nos que todos coinciden. 3º O sobrado máis alto estaba adoelado, que é outro dos elementos coincidentes, pero engade un detalle que non podemos pasar por alto:’de doella por ençima, en lugar de teja’, o que reforza a texe da bóveda. 4º O sobrado alto estaba ameado e podíase andar arredor das ameas, dato no que tamén coinciden os demais testigos, pero este engade outro pequeno detalle: “de alli belaban”. Esta era unha das finalidades deste tipo de torres: ¡a vixía do inimigo!. 5º Fora da torre da homenaxe había unha sala con habitacións onde dormía o meiriño. É este outro dato onde coinciden todos e do mesmo xeito. 6º Entrando á dereita, na residencia do meiriño, e ó fondo, tipo “cuarto escuro”, estaban as cadeas. Era a prisión, era o lugar temido, onde metían ós presos. Neste apunte, coincide co seu conveciño Correa. 7º Non se lembra o testigo se o muro que había arredor da fortaleza, que separaba a esta do corral era ameado. (Carrea dixera que sí estaba ameado). 8º Fálanos tamén de que dentro -pero do que sería o recinto total- estaban tamén as cabalerizas e unha casa ameada que sería da servidume, onde estaba o forno.

Con todos este datos na man, coido que estamos en condicións de facernos unha composición moi aproximada de cómo era o orixinario Castelo do Castro de Montes e o seu entorno, na véspera do ataque dos Irmandiños.

Seguindo punto por punto as declaracións dos diversos testigos e a “valoración de danos” que fan os mestres canteiros, Juan de Álava e Juan Gil, que veremos máis adiante, podemos concluir que o Castelo do Castro de Montes e o seu entorno eran asi: A Torre da Homenaxe ou “bara de casa” estaba situada no cumio do monte do Castro. Esta torre tiña “tres sobrados” coas súas fiestras e a súa porta de entrada, á que se accedía por medio de vintecinco escaleiras cos seus pasamáns, segundo se relata na “valoración de danos” do castelo “....primeiramente dixeron que atoparan a escaleira por onde se entra á casa desfeita e que era preciso facer vintecinco chanzos de pedra como estaba orixinariamente cos seus pasamans. Tasárono en mil maravedís”[8].

A cubrición da torre era de pedra: unha bóveda plana de dovelas (dolla), “en lugar de teja” cun muro todo arredor, sobre o que ían montadas as ameas, por onde se podía andar e dende “alli belaban”.

Fóra da torre da homenaxe había unha sala “aportada” que era o edificio onde vivía o meiriño, que tiña tamén, segundo podemos deducir da declaración de Morgade, un sobrado. Entrando pola porta desa edificación, á man dereita había un corredor por onde se ía dar ó calabozo, “las cadenas”, lugar no que estaban os presos, que segundo o mesmo Morgade, estaría no sobrado, pois di que estaba nunha especie de “caramanchón”. Usa como vemos, unha palabra despectiva para indicar que estaba situado no que hoxe chamariamos o desván. É de suliñar que os dous veciños de Xirazga: tanto Correa como Morgade, coñecían perfectamente onde estaba o lugar das cadeas. Posiblemente, dada a boa puntualización que fan del, estiveran neste lugar algunha vez. Esta sala, na que vivía o meiriño e estaba o cárcere, tiña tamén cubrición de pedra, semellante á da torre do homenaxe e ameas ó seu redor. Circundando o que é propiamente a fortaleza e a residencia dos meiriños, había un “çercado”, que Morgade non se lembra se estaba ameado, mentres que Correa sí se acordaba de que tiña ameas, feito que sería o máis provable.

Situadas pois, no cumio do Castro, tanto a torre da homenaxe como a estancia dos meiriños, cercadas ambas por un groso e forte muro ameado, accederíase a ese lugar por medio dun portón do que se fai manción, na valoración de danos, dende o “corral”, lugar onde estaban as cabalerizas e a casa da servidume, co forno dentro. Neste corral, relátanos Morgade: “abia caballerizas adonde hestaban los caballos y bestias”[9]e ademais, outra casa ameada e madeirada, que Correa dínos que era a casa da servidume e o forno, que cando fai a súa declaración, di ó final: “hesta todo descubierto y mal adereçado”[10], o que nos indica, case con toda seguridade, que esta parte non fora reparada. Estas estancias, estarían situadas na parte meridional dos edifios nobres da fortaleza, posiblemente, un pouco máis ó norte donde está a actual capela de Nosa Señora do Castro.

Partindo dos datos que nos deron estes testigos e apoiándonos en medicións de outras fortalezas desa época, podemos facer un cálculo que nos daría unhas medidas moi aproximadas das que tería a orixinaria Torre, ou “bara de casa” do Castelo do Castro de Montes. Baseandonos na altura dos “sobrados”, como dixemos, doutras fortalezas que están en pé, cada sobrado da Torre de Montes debería rondar os catro metros de altura, o que nos daría doce metros de alzado. A esto temos que lle engadir, a altura morta sobre a que ía o madeirado do primeiro sobrado, porque accedíase a el, por medio de vintecinco escaleiras, que nos daría unha altura que debera rondar os de tres metros. Como sabemos polos informes, o teito era de dovelas “por ençima en lugar de teja”. A única maneira de facer ese tipo de teitume sen que se abriran os muros pola forza que estas pedras facían sobre eles, ou se desplomaran, era usando canzorros. Como os testigos non os mencionan, tampouco nos os consideraremos para calcular a altura. (Ainda que penso que é moi provable que os tivera. Estes, neste tipo de construccións, sobresaen dos muros, un cacho, e sobre eles, móntase o muro da balconada ou peituril sobre o que van as ameas.) Temos que calcular pois que o muro da balconada (peituril) debera ter un alzado que rondaría un metro con trinta centímetros e as ameas non deberan ser inferiores, ós 70 centímetros, (como se recolle nun documento notarial do ano 1602, que veremos máis adiante) co que quedaría pois, o vertical da torre, deste xeito:

25 escaleiras do arranque “morto” da torre……………... 3 ms.
3 sobrados……………………………………………….. 12 ms.
“peituril” sobre o que ían as a ameas……..……..…….. 1,30 ms.
ameas……………………………………………………. 0.70 ms.
O que nos daría un alzado que debera rondar os ……… . 17 ms.
Sabemos tamén polo informe da “valoración de danos”, que os muros tiñan unha anchura media de “seys pies”, que ven sendo 1.70 ms.

[1] “Si sabe que el Castillo de Castro de Montes antes y al dicho tenpo quel dicho señor Patriarca ubo el dicho arçobispado tenía los hedefiçios siguentes: que abia una bara de casa mas alta de lo que agora esta dos braças (a braza mide 1.6717, esto quere dicir que na reconstrucción, a torre da homenaxe, perdera pouco máis de tres ms. de altura) que hera de tres sobrados cubiertos de madera e sus camaras cobiertas de duela y almenada la dicha torre se andaba por ençima alderredor de las almenas y la cobertura y que de fuera de la bara de casa abia una sala con sus camaras en que posaba el merino y azia la mano derecha entrando en la dicha sala abia una cerca en derredor de la dicha bara de casa toda almenada de casa que abia caballeriças y una casa de serbiçio en que estaba el forno cobierto de madera y de colmo por encima y que la dicha sala hera toda almenada (refíerese á casa onde vivía o meiriño) e que abia en la dicha fortaleza muchas armas, capaçetas, bellestas, fuertes tirios de polbora, testados y padeses y otras municiones” P. T-F. fol 39vº pax. 29.
[2] P. T-F. fol. 400. pax. 190.
[3] no hes acordado de quantos sobrados tenia pero que sobre la sala tenia otro sobrado…e hera bien echa la bara de casa la qual tenia todas las hesquinas de peidra de grano e ventanas, puertas y lo otro todo de piedra fuerte de losa e una çerca que la çercaba alderredor desde una de las hesquinas la qual çerca hera de piedra de losa muy fuerte e rezia e toda ancha las paredes ansi como la bara de casa como del çirco e çerca” P. T-F. Fol. 403. pax. 191-192.
[4] P. T-F. fol 403. Pax. 192.
[5] la bido llebantada, fecha e bien adereçada, la qual hestaba çercada y almenada e la bara de casa mas alta de lo que agora hesta obra de una braça o dos a pareçer de dicho testigo…dicha bara de casa tenia tres sobrados e dichos sobrados bien maderados e sus camaras fechas e en dicho corral habia dos caballeriças e las dichas casas hera cubierta de dolla e almenada e se andaba alderredor por encima del techo junto con las almenas e de fuera de la dicha bara de casa abia una sala y en la dicha sala avia una camara donde dormia el merino que hera (refírese a todos e a cada un: ó que lle tocaba estar ó fronte do castelo) y hestaba aportada e que entrando en la dicha sala a la mano derecha abia un corredor donde hestaban las cadenas e los presos e dize el dicho testigo que abia un forno cubierto la casa donde hestaba de su madera e colmo e que al pareçer deste dicho testigo el ynçierto e çerca de alderredor de la dicha bara de casa hera almenada, obra de un terçio de la dicha çerca e que la dicha sala hera tambien almenada e dice que al dicho tiempo bido dentro de la dicha fortaleza dos capçetes de onbre darmas e dos ballestas fuertes e dos tiros, de altura de un onbre, que tiraban una piedra tan grande como un huebo y que habia tanbien obra de cuatro o çinco escudos y padeces” P. T-F. fol 403vº- 405. paxs. 192,193.
[6] P. T-F. Pax. 544.
[7] “que tenia una bara de casa hesta de la altura de un onbre mas de lo que aora hes…que tenia en dicho tienpo tres sobrados los quales heran bien armados e la dicha bara de casa adoelada por encima en lugar de teja e que en el sobrado mas alto de la dicha bara de casa hera por ençima almenada y se andaba alderredor de las dichas almenas e de alli belaban…de fuera de la dicha bara de casa abia una sala como agora esta e que tenia sus camaras donde dormia el merino e que entrando en la dicha sala a mano derecha abia un apartamiento fecho a manera de caramanchon donde hestaban las cadenas e presiones e los presos e el dicho testigo no hes acordado si hestaba almenada e que abia una çerca alderredor de la dicha fortaleza no se acuerda el testigo si hera almenada o no e dize el dicho testigo que agora ay un corral fecho que no abia entonçes al tiempo que el testigo la bido…e que abia dentro de la dicho fortaleza caballerizas adonde hestaban los caballos e bestias e una casa almenada e maderada donde hestaba un horno” P. T-F. Fls.489vº-491vº. Pax. 251-252.
[8] “…primeramente dixeron que hallaran la escalera por donde entraron a la casa desvaratada y que avian menester hazer en ella veynte e çinco pasos de piedra como solia estar primero e lo tasaron e moderaron con su pasamanos en dos mill maravedis” P. T-F. fol 2. pax. 577.
[9] T-F. fol 491vº. pax. 252.
[10] T-F. fol. 492.

No hay comentarios: