sábado, 12 de enero de 2008

IX. CARTA ÓS VECIÑOS DAS PARROQUIAS DE PRESQUEIRAS

Meus queridos amigos Churruchaos das parroquias de San Miguel e Santa Mariña de Presqueiras: Diríxome a vostedes como fillo da Terra de Montes e amante da súa historia porque quero lembrarvos que vos sodes, os depositarios dunha parte moi importante da nosa historia documentada.
Aquí, na parroquia de San Miguel, e concretamente, no Castro de Montes, forxouse durante a Idade Media a historia da nosa Xurisdición.

Aquí estivo a capital da Xurisdición; aquí estiveron o poder xudicial e o poder executivo que emanaban do poder lexislativo que xurdía á súa vez do cabildo e da mitra compostelá, á que esta terra, pertencía por dereito como súbditos e vasalos desa mitra.

Foi este Cestelo-Fortaleza elemento integrador da Terra de Montes.

Á vista dos docmumentos que acabamos de expoñer neste pequeno estudio, penso que debemos buscar aquí, nestas ruínas do Castro de Montes, as nosas raíces como pobo, como concepto unificador e catalizador da nosa personalidade, pero debemos tamén buscar aquí a nosa historia: as vivencias, as aventuras e desventuras cotiáns, que fixeron que o devir dos acontecementos fosen como foron.

As circunstancias de ubicación xeográfica, erográfica e de inacesibilidade de gran parte do terreo do Castro, fixeron que dende un principio fora elexido como lugar emblemático, para defender dos desexos doutros poderosos, a Terra de Montes, que como sabemos, pertenceu por dereito e doación real, á mitra do Santo Xacobe.

As conxeturas históricas e o devir dos acontecementos foron moi duros co Castro de Montes. Tan duros foron que case conseguiron borralo da face da terra, aínda que el, como podemos comprobar, resistiuse a desaparecer. Por eso os que lle queremos a esta terra, á súa historia e ó seu Castro, sabemos descubrir todo un mundo de pedras e de muros que aínda quedan –as máis das veces cubertos de maleza- neste lugar que todos levamos no corazón e na imaxinación coma un mundo fascinante de misterios e de esperanzas perdidas, pero a punto de recuperar, nun horizonte que emerxe esplendoroso diante nós.

Por eso quero invitarvos a unha reflexión profunda sobre o valor histórico e sentimental deste lugar. Esta reflexión quixera canalizala cara a recuperación desa historia perdida para poder legarlle ós nosos fillos e netos e a tódalas xeracións que veñan detrás -e tamén a nos mesmos- partindo da vosa enorme xenerosidade, un lugar onde se poida recuperar a historia, a identidade como pobo e o lugar común de toda a Terra de Montes.

Non son eu, quen debo dicir, porque tampouco o sei, cómo se debe facer esta cesión dos terreos. ¡Sodes vós, os actuais donos deles, os que tedes que decidir, cómo queredes desprendervos desas propiedades!, para que todo o mundo poida acceder a este lugar, como “terra común” e propia de quen a queira visitar e sentila coma súa.

Non cabe dúvida que debe ser pois, un acto xeneroso pola vosa parte. Pois aínda que levedes outro terreo a cambio, será sempre, o desprendemento dunha parte moi importante de vos mesmos. Pero debemos dicir tamén que non ides perder nada, xa que ¡gañaremos todos!, unha estancia emblemática e uns terreos amurados, chéos de misterio e de meigallo, que foron o lugar e a residencia dos xuices meiriños de Montes: aqueles homes que impartiron xustiza, nesta terra, coma feudais da época.

Quero informarvos que hai varios programas, entre eles INTERREG, financiados con fondos europeos, para recuperar monumentos históricos e e fortalezas coma esta nosa.

Os pasos que hai que seguir para poder acceder a eses fondos son:

1º- Que a propiedade dos terreos onde está o monumento a recuperar, sexa de ÁMBITO PÚBLICO.

2º- Un estudio técnico, realizado por un arquitecto, para presentalo en Patrimonio.

3º- Ó tempo, haberá que presentar tamén no mesmo organismo, os documentos hitóricos que avalen a antiguidade do monumento a recuperar.

4º- Estudio medioambiental: ríos, presas, árbores, variedade de arbustos etc. que haxa que conservar.

5º- Estudio e valoración do que se pretende realizar:
- custe dos módulos de cantería, xardinería etc.
- limpeza do entorno
- alzado de muros
- conservación e mantemento, tanto do monumento coma do entorno.

Para chegar a todo esto, poidera ser unha boa idea, a permuta destes terreos por outros que poidra facilitar o concello, noutro lugar. Deste xeito, os propietarios, non perderiades terra ningunha. O único, seria o cambio de ubicación, algo semellante ó que sucedeu coa parcelaria.

Esperando da vosa parte unha resposta xenerosa, recibide o meu máis sincero agradecemento e un cordial saudo.

No hay comentarios: